Que Galiza triplicara a súa débeda ou sexa unha das comunidades con peor calidade de vida do Estado Español é algo conxuntural. Espontáneo máis ben. Que según a RAG significa que se produce por impulso propio, sen necesidade de intervención externa. Igual que sae unha macrolepiota baixo unha berza cando chega o outono.
O certo é que non temos nada que envexar a ninguén. Ayuso está encantada de pasear polos nosos eucaliptais . Por que imos deixar de votar ó PP?
Si no País Vasco trouxeron un Guggenheim aquí nos montamos un símil no Monte Gaiás. A cultura de Galiza non pode estar espallada por aquí e por acolá. Casa da Cultura de Monfero...Casa da Cultura de Coristanco… É mellor unificar todo nunha cidade. Un mausoleo persoal é o idóneo nestes casos.
Tampouco envexamos que o seu museo se teña convertido no verdadeiro motor da Ría de Bilbao. Nin siquera o seu revestimento de titanio ruso. Para que comprar pedra en Porriño si sae máis barata traela de Brasil?
Os herdeiros de Iribarne están pendentes duns millóns que veñen de Bruxelas. O cheiro dos cartos sempre os excitou, e son capaces de calquer cousa. Ata de chantar unha pestilente megapasteira en pleno corazón de Galiza. Á tetilla Arzúa-Ulloa viranlle ben dous novos aromas a base de cloro e ácido sulfúrico.
Rueda retrasa as alegaciones como retrasou a súa investidura por unha voda en Madrid. Non está disposto a que unha presa de ecoloxistas lle arrebaten o seu botín. Asegura que aquilo non ten nada que ver coa celulosa. Que dalí so sairán fibras textiles para a sección de lencería de Zara.
700 anos despois , Palas de Rei libra de novo unha loita . Galiza volve a xogarse o seu futuro , por segunda vez na Historia, en Porto de Bois. Espero que non volvan a gañar os mesmos. Pero cando exministros e exconselleiros sobrevoan o campo de batalla, as cousas non pintan ben para os que verdadeiramente defenden o noso país.
Francisco Maceira
Ferrol . A Coruña