Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

cazadebrujasEste 8M volven ás rúas a se vestir de lila. Non de púrpura senón de lila. Os días previos ensaian as batuqueiras que percusionarán aos ventos denuncias de desigualdades de xénero. Gostaría de saber cantas falsas autónomas traballarán na produción, venda e distribución do merchandansing feminista. En que obradoiros ocultos por todo o planeta fabricaranse os panos e camisetas que lucirán milleiros de feministas este oito de marzo. Quizais esa feminista do xigante téxtil que pon a Galiza no mundo, segundo di esoutra feminista nacionalista, fará unha boa caixa coa sección lila deste día.

Hai tempo que deixei de acreditar nos días de, que enchen os almanaques. Están ao servizo do sistema do lucro, ao servizo do Capital.
Este 8M voltarán a sair ás rúas as mulleres privilexiadas do planeta, porque as marxinadas, habiten ou non nas metrópoles da explotación global, non poderán lucir de ruada nen faixa nen bandeira. Desfrutarán do día nos talleres ocultos dos xigantes téxtis lileando camisetas, dos servizos privatizados dos Coidados, no traballo en negro das familias… ou nos noxentos tugurios da prostitución, aturando ás empresas proxenetas, a clientela e as abandeiradas dese feminismo abolicionista infantil e aburguesado.
Veño de ler Brujas, caza de brujas y mujeres, de Silvia Federici onde se compara a caza de bruxas e o cercamento de terras e do corpo feminino e a privatización dos séculos XVI e XVII nos comezos do capitalismo coa reaparición da caza de bruxas en moitos lugares do planeta coa globalización da economía mundial.
Espaventa saber que son os mesmos factores causais os que seguen dando caza ás mulleres, a relixión e a misoxinia.(Inclúo en relixión o consumismo que terma do produtivismo).nietasdelasbrujasquenolograsteisquemar
Traio o caso da India, un país onde o emporio do téxtil que puxo a Galiza no mundo deslocalizou grande parte da súa produción. Neste país tan desenvolvido tecnolóxicamente, con un crecemento louvado polos países progresistas, na terra dos adivasi, hai asasinatos de mulleres dos territorios tribais onde hai procesos de privatización de terras a gran escala. Xa non falemos do continente africano. En Tanzania, por ex.,foron asasinadas ao ano máis de cinco mil mulleres acusadas de bruxería. Por non falar de Arabia Saudí, co que a nosa monarquía parlamentar fai tan bos negocios da marca España.
A tecnoloxía, lonxe de mellorar a situación das mulleres, o que fai é darlle máis ferramentas ao poder patriarcal para perseguilas. Di Federici que hoxe pódense descargar gravacións de asasinatos de bruxas en Internet e manuais de como se pode recoñecer a unha bruxa.
Mais tamén acontece nas metrópoles dos imperios. Virginia Eubanks no seu livro, La automatización de la desigualdad, pescuda en como o Gran Irmán non nos observa como individuos senón como colectivo, sometendo aos colectivos marxinados (onde se sitúan as mulleres pobres, inmigrantes e racializadas) a un control adicional.Control eletrónico que afecta a todos os eidos da vida, da sáude á educación, dos programas sociais aos informes crediticios.
Por iso, este 8M vou ler Los talleres ocultos del capital de Nancy Fraser. (Marxista da que xa lera Reconocimiento o redistribución?: un debate entre marxismo y feminismo.) Interésame a análise que fai entre economía visivel e talleres ocultos, os procesos de reprodución asimétricos en canto ao xénero.
O 8M non fai sentido sen o debate serio de como construirmonos outro sistema onde os coidados e non o lucro estean no centro da sociedade.
Porque as celebracións baleiras non fan máis que nos poñer unha brida do cotilleo. Iso si, lila.
(A brida do cotilleo foi o primeiro instrumento de tortura rexistrado en 1567 en Escocia, deseñado para castigar ás mulleres de clase baixa consideradas rosmonas e boureadoras das que se sospeitava que practicavan a bruxería).
IOLANDA TEIXEIRO REI
FERROL

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet