Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

Confeso que é a primeira vez que habito o centro neurálxico da Semana Santa ferrolá pois como atea que son, só asistín ao espectáculo das procesións na indefensión da neneza nos turbios tempos do Xeneralísimo.

Mais como daquela vivía fóra da Porta de Canido non estava sumetida aos decibelios estresantes de tambores e cornetas a cotío. E confeso tamén que dá un pouco de grima ese fervor relixioso mesturado de pasos militares con desfile de alcalde socialista incluído. Ferve un proído de galóns e sotanas que o corpo asocia aos sotos pretransitorios á democracia. Mais agora as procesións son máis didácticas. Abre a guía turística de luxo -na que colaboran todas as institucións do noso estado aconfesional, o concello de Ferrol, a Deputación e a Xunta- a confraría das Angustias cos pasos Xesús amigo dos nenos, o que nos fai cismar na distancia entre a actual xerarquía católica e o cristianismo primitivo que endexamais tería agochado a pederastia dentro da súa igrexa.

Anque ben é certo que a Semana Santa non foi máis que a asimilación dos ritos populares agrarios onde se bendecían os ramos, como nos maios, e onde os nenos simbolizavan o triunfo do sol e a luz e con el da fecundidade, como no Beltaine celta ou fogo de Bel. É o tempo cíclico no que o deus e a deusa, mozos, namoran e deixan de ser nai e fillo. Como non ver aquí a morte de Cristo no venres santo?.E a Resurreción da vida ou o mito universal do nacemento virxinal?. No Beltaine prendíanse fogatas con nove madeiras sagradas. O madeiro da cruz que portan os nazarenos, palavra cuxa etimoloxía tamén provén de luz.
A igrexa católica non fixo máis que se apropiar dun rito solar ancestral para alicerzar o seu poder. Unha relixión que abonda no concepto de pecado e culpa tan danina na formación da personalidade, cuns compoñentes sadomasoquistas representados no culto á dor e simbolizados nas cadeas, nos pés espidos, nos lategazos… a penas disimulados pola turistización do devoto nos aplausos e fotos. Unha relixión que aínda así é mimada por un Estado aconfesional nunha chea de privilexios impropios deste século como son os concertos educativos, a intromisión de sacerdotes nos hospitais públicos ou a exención fiscal no inxente patrimonio dun reino que se di non ser deste mundo.
Hoxe asistimos á novidade dunha simulada igualdade, porque abondan xa as nenas cofrades que non chegarán a máis que as súas nais e avoas, resinadas a limpar e adoviar as igrexas e cemiterios mais que nunca chegarán a se igualar aos homes no seo dunha relixión de poder arteiramente misóxina.
IOLANDA TEIXEIRO REI
FERROL

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet