Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

Recén sabida da nova de que varias cadeliñas da raza can de palleiro chegaran a Madrid para ser educadas na guía de persoas, leo no xornal a nova de que investigadores do CSIC acaban de deseñar un can robot para guiar discapacitados. Entre as súas prestacións está que son quen de distinguir sen erro entre un obxecto e unha persoa mediante un sistema de aprendizaxe automático e unha cámara na cabeza. Ao estar conectado a Google, o can robot pode saber en tempo real a situación do tráfico e comunicarlla ao seu dono ou a outras persoas mediante voz.


Por suposto, non nos explican nada sobre a especial relación emocional desenvolvida entre humanos e cans dende remotos tempos, nin nos falan do prezo deste can robot no mercado ou da sostibilidade da robótica e a IA (Intelixencia Artificial) aplicada a todos os ámbitos da vida. Nada sobre o derroche enerxético ou o expolio ou escaseza de territorios...como tampouco nos fala Abel Caballero do que agocha o despilfarro de LEDs. Nin os científicos que divulgan nos medios de comunicación nos din que a extracción das chamadas terras raras se multiplicou por sete nos últimos corenta anos empregadas na iluminación eficiente en vehículos e en electrónica.
Leo tamén que Coruña vai acoller a sede de Aesia (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) co apoio da Xunta, das universidades, institucións e empresas da Comunidade Autónoma galega. Louvan o noso ecosistema investigador e innovador (do ecosistema natural non din nada) en computación cuántica, ciberseguridade ou big data. Seica coa presenza operativa de grandes empresas tecnolóxicas que sempre externalizan os custes reais no lombo dos territorios neocoloniais, dos ecosistemas planetarios e das novas xeracións. Non nos contan, claro está, que esas grandes corporacións tecnolóxicas non son nosas. Non sei que relevancia como país ou que raro nanopatriotismo pode agachar isto. A non ser que desde aquel plan Bolonia fixera devalar a universidade pública até o fondo cavorco da caixa rexistradora das Corporacións que planifican o mal chamado livre mercado, desviando cara o seu peto a investigación científico- técnica.
Disque queren situar a España como referencia no mapa europeo da utilización responsabel da intelixencia artificial. Eu coidava que xa estavamos no mapa europeo, iso si, das colonias de detritus. Ao fin, todas as casas -e a europea non vai ser unha excepción- precisan un aliviadeiro de augas fecais.
Por se a nosa parvoíce non chegara a tanto, e foramos suspicaces con isto da IA e a robótica, o presidente do Clúster TIC de Galicia desfaise en louvanzas, falando da vantaxe de Galiza e animándonos a coller o seguinte tren. Co que se evidencia que os habitantes deses exquisitos clústeres non viaxan en tren por Galiza a non ser no AVE, sen pecado concebido. Como tamén ignoran aquelo de que o capitalismo é unha locomotora sen freos cara o abismo. Mais onde hai ganancia de elites non se repara no ben común. Mais tampouco abondan voces anticapitalistas que cuestionen esta tecnoloxía prometeica que rouba territorios aos povos do mundo como no mito Prometeo roubava o lume aos deuses. Perpetuando a hibris grega da desmesura, esa violencia dos poderosos cara os febles.
Como xa alertava o filósofo marxista Manuel Sacristán: Hoxe aprézase non só que a clase obreira dos países industriais pode disgregarse nunha nova estructura social, na que a automatización, o expolio do terceiro mundo e a depredación da terra realizaran a hipótese dun proletariado parasitario (coñecido xa por Marx) sen ter dado de si a revolución que os marxistas esperavan dela, senón tamén que neses países as clases traballadoras poden responder mal aos problemas ecolóxicos, solidarizándose subalternamente cos intereses do capital, someténdose á realidade do capitalismo imperialista e perdendo a motivación e a imaxinación revolucionarias.
Tamén Sacristán deixou escrito que ningún xigantismo é sometivel á vontade da comunidade senón que reclama sempre dunha concentración de poder despótico. A tecnoloxía no capitalismo global padece dese xigantismo. Os macroparques eólicos, solares...das cobizadas renovabeis son exemplos nidios.
Teremos de ler o livro de Virginia Eubanks: La automatización de la desigualdad, herramientas de tecnología avanzada para supervisar y castigar a los pobres.
Volvendo ao can robot, medo me dá pensar cando se esgote o litio, o teluro, o cobalto...e todos eses metais raros sen os que nada funcionaría nesas terroríficas distopías que nos venden coa economía dixital, o Internet das cousas, as cidades intelixentes...desa Cuarta Revolución Industrial, chuchadora de enerxía, que acelera sen freos no abisío globalizado.
Sorte se o descarrilamento nos pilla no metaverso.
IOLANDA TEIXEIRO REI
FERROL

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

LAJUSTICIASENIEGAAINVESTIGARAMARSANCHEZSIERRAYMILLANCALENTIYCONDENAALPERIODISTAPORINFORMASOBRESUCORRUPCION

La Injusticia en Galicia: La Persecución de los Denunciantes de Corrupción. Publicación permanente en este xornal  En lugar de ser reconocidos por su valentía y compromiso con la verdad, muchos denunciantes se encuentran perseguidos por un sistema judicial que, paradójicamente, parece proteger más a los corruptos que a los defensores de la justicia.  La Protección de los Denunciantes en los juzgados de Santiago de Compostela: Un Espejismo Legal....Seguir leyendo..+

Llévate esta Noticia en tú Móvil
QR-Code dieser Seite
 

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet