Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

b1c23b4d cfd4 40cd bcb6 b90b5657ae84 16 9 aspect ratio default 0 x461y33Nos últimos tempos, asistimos a un rebaixado feminismo burgués. Nos meus miolos abafados por unha calor despiadada espéllanse a cotío as discriminacións de xénero máis noxentas. Mulleres migradas dos continentes roubados so do simulacro dese oximoron q representa o "crecemento sostivel", mulleres cunha infravida na ilegalidade que limpan as miserias das mulleres liberadas europeas. Mulleres explotadas por ese empresario que a dicir dalgunhas feministas "pon a Galiza no mundo".

Mulleres que coidan aos nosos maiores sen contrato ou cun contrato miserento nos fogares ou nos lucrativos xeriátricos. Mulleres obrigadas a alugar seu corpo para sobreviver elas e as súas familias. Mulleres esquecidas no inferno da trata. Mulleres que non gañan nin para pagar un contrato de aluguer de vivenda especulada. Mulleres violentadas polos seus homes. Mulleres asasinadas por ser mulleres. Nenas destinadas ao ludre e a prostitución dentro e fóra da sacra familia tradicional. Mulleres migradas marxinadas por mulleres da clase traballadora ao escoitar o seu acento ou comprobar polos seus apelidos que son doutra nacionalidade. (Non vaia ser que lles quiten o seu emprego de sumisas esmoleiras). Mulleres que agardan ao peche do super do barrio para rebuscar " as sobras do banquete" -como versara Celso Emilio- nos contedores de lixo. Mulleres organizadas nos arrabaldos das institucións, sempre acaladas. Mulleres sempre termando dunha sociedade que as abusa e ignora! Mulleres…

Ningunha destas Mulleres é portada dos medios de comunicación. Porén, incluso as feministas progres alporízanse porque a cantante Amaral (nada sospeitosa de muller conservadora ou machista) decida libremente sair espida de peito no escenario en solidariedade con outra muller reprimida pola ultradereita. Alegan nada menos que a explotación do seu corpo!. Estoupan as redes sociais cos partidarios e detractores toda a semana mentres moitas mulleres seguen a ser atracadas polos seus propios bancos con comisións abusivas, máis abusivas contra elas, nós, pola desigualdade salarial que nos aboca ao precariado de por vida. E non pasa nada!. Acaso estes abusos non son unha obscenidade cando máis dende que fixeron obrigatorio ter calquera nómina domiciliada? (Non esquezamos que hoxe se lle chama nómina até a ter uns ingresos de cen euros mensuais).

Acaso non é unha obscenidade o sistema de dominación que reproducimos sen remorso cada mencer?.

Agora é portada de noticieiros o bico que Rubiales, o presi da selección española de fútbol, lle espetou perante as cámaras a unha das gañadoras. Machismo?, Si. Abuso de poder? Tamén. Mais nada comparavel a milleiros de explotacións das mulleres dentro e fóra deste país. Todos sabemos que o fútbol é o deporte de masas máis politizado, o negocio mediático que vende tanto equipamentos de siareiros como valores machistas e xenófobos. Ningún deporte recebe tanto diñeiro público nin arrebola tanta bandeira. A que pasmarnos, de súpeto, pola existencia dos Rubiales?.

Yolanda Díaz, bandeira de feminismo aburguesado e intereseiro, súmase e anuncia unha xuntanza co sindicato de fútbol feminino. Magoa que non amose a mesma inquedanza polo resto do colectivo de mulleres, maiormente as da clase traballadora, sobre todo tendo o poder dunha ministra de Traballo que se orgulla de ser feminista de esquerdas.

Cal será a seguinte cortina de fume que utilizarán os medios (tan a miúdo sistémico-machistas) para que sigamos amosando unha dobre moral cara a muller e nos enredemos en fruslerías tan superficiais no canto de ir á raíz dos problemas?.

Ou preferimos agardar a que Lisístrata ou se cadra as letras das Fillas de Casandra fagan a revolución feminista de vez?.

IOLANDA TEIXEIRO REI

FERROL

 

También te puede interesar :

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

LAJUSTICIASENIEGAAINVESTIGARAMARSANCHEZSIERRAYMILLANCALENTIYCONDENAALPERIODISTAPORINFORMASOBRESUCORRUPCION

La Injusticia en Galicia: La Persecución de los Denunciantes de Corrupción. Publicación permanente en este xornal  En lugar de ser reconocidos por su valentía y compromiso con la verdad, muchos denunciantes se encuentran perseguidos por un sistema judicial que, paradójicamente, parece proteger más a los corruptos que a los defensores de la justicia.  La Protección de los Denunciantes en los juzgados de Santiago de Compostela: Un Espejismo Legal....Seguir leyendo..+

Llévate esta Noticia en tú Móvil
QR-Code dieser Seite
 

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet