O SLG oponse ao peche de centros médicos rurais según as ocurrencias do Sr Feijóo (PPdeG) para concentrar a atención primaria nos PAC

Información
;Actualidad 26 Marzo 2020

O Sindicato Labrego Galego rexeita o peche de centros médicos rurais para concentrar a atención primaria nos puntos de atención continuada (PAC) dentro da estratexia para facerlle fronte na Galiza á emerxencia sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. Agardamos que non se leven a cabo estes peches, sobre todo sabendo que “non hai ningunha decisión tomada sobre a centralización da Atención Primaria en determinados centros de saúde aínda que traballa nun plan de continxencia”, segundo aclarou o propio Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dende o SLG rexeitamos estes peches á vista das críticas realizadas por colectivos que defenden a sanidade pública como a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) ou SOS Sanidade Pública.

 

Agamfec, por exemplo, aconsella que os e as pacientes sexan avaliad@s por persoal de atención primaria para discriminar quen pode seguir recibindo seguimento médico no seu domicilio dende os seus centros de saúde e quen ten que ser derivado a hospitais. Mesmo din que gañaría en axilidade se a xestión da pandemia se en vez de centralizar as consultas telefónicas nun só número, estas se fixesen directamente no ambulatorio de cada localidade; do mesmo xeito que a realización das probas diagnósticas do Covid-19. Neste senso, Agamfec conclúe dicindo que “a organización do noso sistema sanitario cunha atención primaria poderosa é, probablemente, o mellor deseño para dar resposta a esta pandemia. Os hospitais non só precisan máis recursos, senón que acadan a súa máxima eficiencia cando unicamente chegan aqueles pacientes que os precisan. Por este motivo, faise imprescindible que previamente teñan sido avaliados polos profesionais de atención primaria e atención continuada”.

Pola súa banda, SOS Sanidade Pública abonda no mesmo ao considerar necesario “manter modelo de Equipos de Atención Primaria que garanta unha atención continuada próxima e accesible a todas as persoas, contemplar as dificultades e os perigos dos desprazamentos nestes momentos e que as medidas sexan totalmente reversibles”.

Por todo o devandito, dende o SLG pedimos que se reforce a atención primaria pola súa proximidade e coñecemento profundo das zonas rurais nas que traballa e para facilitar a asistencia a persoas que, por calquera motivo -idade, distancia, carecer de medios de locomoción, etc- lles resulte dificultoso acudir aos puntos de atención continuada da súa comarca. Tamén pedimos a todos os alcaldes e alcaldesas da comarca que rexeiten calquera proposta ou pretensión do Sergas de pechar centros médicos rurais nos seus municipios.

  • Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia. FEIJOO TRASLADADO A MÁS DE 60 KILÓMETROS DE VERIN POR LAS FUERZAS DE SEGURIDAD PARA QUE PUDIESE SALIR ILEPSO.La última "farolada de Feijoo" llega al esperpento y circo de pesonajes dignos de una serie de los muertos vivientes, el PPdeG y su asesora no han visto nada mejor que ir a "cagarse" en las narices de la comarca de Verin-Monterrey en Ourense, trasladando hasta alli, a cuatro personajes de fuera de la comarca que se prestaron a hacer de público de la zona en un campo de fútbol, lo que ocasionó la crispación, enfado de los vecinos de la comarca que fueron directos a provocar " LA CAÍDA DEL IMPERIO MARRANO ", refiriéndose a todo lo que representa Feijóo, en una campaña de TROLS, PERFILES FALSOS, entre las "cagarrutas de cabra o fantasmas digitales" que deambulan por la red, Feijóo y Mar Sánchez llevan más de 4 meses que no se atreven a viajar a América por miedo insuperable a[…]

Otros articulos relacionados.....