Anuncian manifestacións por todo Galicia contra o abandono de funcións da Conselleira Rosa Quintana.

Información
Portada 27 Junio 2015 6338 Votos Correo electrónico Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
social youtube xornalgalicia   feed-image

rosaquintanacarmenfragaDiante desta crise insostible, do manifesto afundimento do sector lácteo galego, e do absoluto desamparo e orfandade das nosas granxas, dende o Sindicato Labrego Galego non quedaráimpasible.

Máis alá destes graves sucesos, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos unha crise global que vive o sector lácteo galego e que ameaza coa súa desaparición, tal e como demostra o feito de que, actualmente, noutras comunidades do Estado, como Andalucía, se lles estea pedindo ás granxas que aumenten a produción, e se lles estea a pagar o leite a prezos entre 34 e 36 céntimos, moi lonxe dos 26-28 céntimos que se están a cobrar de media na Galiza, e a anos luz dese milleiro de explotacións galegas que están a cobrar menos de 18 céntimos por litro. Ademais, o mandato das industrias na Galiza está a ser o de non producir máis que na campaña pasada, ou mesmo producir menos, cando non que che deixen de recoller o leite directamente, como xa pasou coas explotacións que lle vendían a Pascual, e como acontece agora con Río e Leitigal.Orfandade porque o abandono de funcións da Xunta e da Consellaría de Medio Rural nesta crise e nos problemas do día a día do leite galego é flagrante. Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva do SLG que tamén interveu na rolda de prensa e que vén participando nos foros de negociación do sector lácteo dende comezos dos anos oitenta.

O SLG convocará mobilizacións a semana que vén diante do flagrante abandono de funcións da Conselleira Rosa Quintana na crise do sector lácteo...+