basespodemosÁ constante operación de desprestixio e acoso que están sufrindo os gobernos municipais do Cambio hai que sumarlle, nestas últimas semanas, a campaña de descalificacións contra Podemos Galicia.

A este respecto, o Secretario Xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo declarou hoxe que “temos claro que a intensidade dos ataques que sufrimos é proporcional ao medo que xera, en determinadas estruturas de poder, o Cambio político en Galicia”.

No relativo á información sobre as futuras contratacións en Podemos Galicia, Riobóo subliñou que "están a seguirse todas as canles internas lóxicas e democráticas da organización. Con toda a claridade e transparencia. Primeiro debatelo e aprobalo nos órganos correspondentes. Despois, cando son efectivos, comunicalo, como se fai sempre en Podemos, vía web publicamente”. Pese aos ataques, o Cambio en Galicia cada vez está máis preto..+ {jcomments on}

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi