eloinanunezmasidNunha soa semana veñen de denunciar dous casos de pacientes aos que lles suspenden a operación estando xa en quirófano, nunha ocasión por falta de anestesista e noutra por falta de material cirúrxico. A voceira de Sanidade, Carmen Acuña, censura a xestión “caótica e vergoñenta” da xerente e máxima responsable da acción sanitaria na provincia, Eloína Núñez, á súa vez prima do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que parecera que desexa propiciar e fomentar o negocio privado as costas dos doentes galegos para enriquecer amigos e empresas privadas.

Os socialistas denunciaron onte a través de Elvira Lama, deputada provincial e portavoz socialista no Concello de Xinzo de Limia, o caso dun paciente que foi ingresado por segunda vez no CHUO e non puido ser operado estando xa en quirófano por “falta de material cirúrxico”.

Unha prima de Feijóo provoca que abandonen a un paciente no quirófano por falta de suministro de material pola Xunta++