AS ELECCIÓNS CATALANAS APUNTAN Á “UN NOVO TEMPO POLÍTICO DENTRO DO ESTADO DE DEREITO” E Á “NECESIDADE DE BUSCAR NOVOS ESPAZOS DE DIÁLOGO”

Información
;Portada 22 Diciembre 2017

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, valorou hoxe positivamente a elevada participación electoral e o desenvolvemento da xornada electoral en Cataluña, e traslada ademais os seus parabéns aos gañadores.

O líder dos socialistas galegos sinala que o resultado electoral “amosa a existencia de dous grandes bloques en Cataluña, como son as forzas independentistas e as forzas constitucionalistas, que continúan mantendo amplos niveis de apoio”.

 

Apunta o seu respecto polo resultado electoral e pide darlle ao novo Parlamento “a oportunidade de abrir un novo tempo político dentro do Estado de Dereito e cumprindo coas normas democráticas”. Subliña ademais “a necesidade de buscar novos espazos políticos de diálogo para acadar solucións políticas sobre as que reconstruír o futuro respectando o Estado de Dereito”.

Trasladoulle ademais ao PSC o apoio de tódolos socialistas galegos, logo de “ter conseguido rachar coa tendencia descendente do pasado para recuperar apoios”. Sinala que “nunha campaña electoral desenvolta en circunstancias complexas para os socialsitas cataláns, o PSC recupera espazo político mentres o PP se desploma, quedando sorprendentemente ao nivel electoral da CUP en Cataluña e amosando o desgaste da dereita e de Rajoy”.

  • Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia. FEIJOO TRASLADADO A MÁS DE 60 KILÓMETROS DE VERIN POR LAS FUERZAS DE SEGURIDAD PARA QUE PUDIESE SALIR ILEPSO.La última "farolada de Feijoo" llega al esperpento y circo de pesonajes dignos de una serie de los muertos vivientes, el PPdeG y su asesora no han visto nada mejor que ir a "cagarse" en las narices de la comarca de Verin-Monterrey en Ourense, trasladando hasta alli, a cuatro personajes de fuera de la comarca que se prestaron a hacer de público de la zona en un campo de fútbol, lo que ocasionó la crispación, enfado de los vecinos de la comarca que fueron directos a provocar " LA CAÍDA DEL IMPERIO MARRANO ", refiriéndose a todo lo que representa Feijóo, en una campaña de TROLS, PERFILES FALSOS, entre las "cagarrutas de cabra o fantasmas digitales" que deambulan por la red, Feijóo y Mar Sánchez llevan más de 4 meses que no se atreven a viajar a América por miedo insuperable a[…]