O ALCALDE INFLUENCER

Información
Por Carlos Gonzalez Armada 16 Agosto 2022 79 Votos Correo electrónico Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
social youtube xornalgalicia   feed-image

Se seguides a páxina oficial do alcalde do Porriño veredes que vai de festa en festa en O Porriño, sen dúbida ofrecendo o mesmo que o César de Roma, pan e circo.

 

Eu considero que é un bó home, que se pode dialogar con el, mais tamén creo que entrou nunha vorágine na que parece máis un influencer que que un político serio.

 

Intentar imitar o modelo "Abel Caballero" e perigoso, o "señor" de Vigo é un personaxe imposible, pasou de ser un político aburrido e do montón, a ser o faime rir de muitos, pero que a él lle funciona, porque en Vigo a xente querelle

 

Eu non digo que para ser alcalde, ou mesmo para ser político, teñas que ser unha persoa aburrida e tosca, pero creo que dentro de unha certa simpatía pódese tamén ser unha persoa seria

 

O Alcalde do Porriño prometeu moitas cousas que a xente queria oír, que levaba anos reclamando, pero das que aínda non se cumpliu ningunha.

 

Para estas próximas eleccions municipais lle vai a valer, seguramente gañará e será o próximo alcalde do Porriño, pero nos seguintes catro anos será cuando pase a proba do algodón, aínda que non creo que dentro de catro anos se volva a presentar, a sua carreira política o levará a Santiago de Compostela

 

Nos, en Máis Porriño, nos conformamos con entrar con un ou dous concelleiros, porque creemos que desde unha oposición construtiva poderemos axudar a construir un Porriño mellor, e creemos firmemente que o noso traballo en eses catro anos será valorado e nas municipais do 2027 poderemos sair a gañar

 

Gañar para facer do Porriño unha cidade referencia en Galiza e tamén en España, unha cidade dialogante e na que sexa un privilexio vivir

 

Mentras ese momento chega no Porriño temos que conformarnos co alcalde influencer do PP, ese que festa a festa quere competir con Abel Caballero

 

Carlos Armada
Voceiro Máis Porriño