UN FRACASO ANUNCIADO

Información
;Por Carlos Gonzalez Armada 18 Marzo 2019 Sección; Opinión
Podemos e Esquerda Unida preséntanse a competir polos mesmos escanos que no pasado loitaban por conseguir en  comun, un espazo dividido que minguou polo mal feito destes ultimos tempos, ademais situados nun contexto hostil...pero este fracaso anunciado estivo sempre aí, desde o inicio 
 
Cando  Xuntos, (aínda estando  dentro de Podemos), opúxose á construccion de En Marea, explicou que un espazo onde non se respectaba a preeminencia do partido  que naquel momento xeraba a ilusión do cambio, era un proxecto conducido ao fracaso.
 
Despois avanzouse no despropósito facendo que a xente dunhas organizacións políticas inscribíranse a modo individual dentro de En Marea para " fagocitar" ás outras organizacións, e que En Marea fose o "espazo único"...outra vez explicamos que isto era contra natura e que ía estalar 
 
Ambas as predicións resultaron certas e o espazo terminou rompendo, pero fíxoo porque nunca estivo unido, sempre foi unha confluencia de intereses, e non dos cidadáns precisamente. A unidade popular constrúese dialogando con respecto co teu interlocutor, e pensando no pobo, non en intereses propios. 
 
Desde que se impuxo a convocatoria das eleccións xerais Xuntos dialogou, ou o tentou, con En Marea, Podemos Galicia, Marea de Ferrol, Redondela Pode, ACE, BNG e unhas cantas forzas mais, ata con CxG...o resultado é que a unica forza política que se comportou con seriedade foi o BNG 
 
A unidade popular que tanto  cacarean algúns non é real, o significado para eses algúns referidos é o ordeno e mando, a colocación dos seus, e o control...a unidade popular sen embargo é todo o contrario, é xenerosidade, e cesión polo ben común...a dificultade estriba en cando só cede unha parte 
 
Xuntos seguirá sentándose á mesa con quen queira falar, sempre estará en disposición de diálogo con todos, pero o certo é que agora mesmo tan só quedan abertas dúas vías de diálogo, unha para as xerais e outra para as municipais, as demais vías están nun punto sen retorno polo exceso de celo do propio e falta de pensamento do común 
 
Unidas Podemos e En Marea fracasarán no seu intento de demostrar quen se come a quen, e acabarán engulidos pola súa propia soberbia, esperemos a que a caída desde tan alto non lles mate e si lles faga recapacitar, outros quedamos á espera de que o pouco que quede tras este fracaso anunciado poida ser recuperado nun futuro non tan afastado no tempo 
 
Carlos Armada 
Voceiro de  Xuntos 
  • Los proscritos apoyos

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Los proscritos apoyos Los proscritos de Asturias con el Alcalde de las faturas pagadas por el Ayto de Oviedo. La imputada por prevaricación Teresa Mallada sin BOLSO pidiendo el apoyo al presidente Feijoo.Después de la reunión en Benavente donde decidieron disparar al pianista no se puede ser más desvergonzados e hipócritas.La única intención es aprovecharse de nuestro amado líder para seguir sus carreras políticas sembradas de mariachis, niños polla, empresas quebradas, y la historia de Diamantes de sangre, bien hacen en llevar mascarilla cuando los comentarios sobre el presidente Pablo Casado ponen los pelos de punta en su círculo más cercano que tienen asustado hasta a Pokemon.Seguiremos buscando en la fotografía del por que la desaparición del BOLSO.Desde este apoyo las encuestas sufren un pavoroso descenso en la intención de voto a nuestro amado líder. Que preocupado decía a sus fieles nos hunden la campañ,a ni se te ocurra traerlos, Miguel coño de quien es esta ocurrencia.Llama a Paco el mono de la[…]

Otros articulos relacionados.....