Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

Hai xa ben tempo que se ven escoitando que a auga será, é xa, o ouro líquido deste tempo de globalización e de crises climáticas e ambientais. Nestas circunstancias, a auga, un ben esencial que debería ser un dereito universal, está a caer, como moitos outros bens e servizos básicos, en mans das empresas privadas, que atoparon aquí un novo reduto onde gañar cartos para uns poucos a costa das necesidades da inmensa maioría da poboación.

A auga, que debería ser un ben público nos concellos e vilas do noso país, foi así “entregada” polas administracións ás empresas privadas mediante concesións que son monopolizadas polos grandes grupos transnacionais. No caso da nosa cidade Aqualia, a empresa concesionaria, pertence ao grupo FCC. Este grupo, presidido por Esther Koplowitz, é “un dos maiores grupos europeos de infraestrutura e servizos públicos”, e tivo en 2023 máis de 9000 millóns de euros en ingresos, cun beneficio neto de 910 millóns de euros. Algúns datos sobre o seu accionariado son ben representativos de como funciona o sistema: en 2013, Bill Gates entrou na compañía como accionista de referencia, e pouco despois fixo o mesmo o finacieiro George Soros. En 2014 o grupo realizou unha ampliación de capital que permitiu a incorporación de Carlos Slim, un dos maiores millonarios do planeta, como accionista maioritario.1

Ao mesmo tempo, en 2021 este grupo empresarial estivo entre as 10 empresas que emitiron máis toneladas equivalentes de CO2 en España. E en 2022 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMV) impuso a FCC unha multa de máis de 40 millóns de euros por ter alterado durante 25 anos, xunto a outras construtoras españolas, miles de licitacións públicas destinadas á edificación e obra civil de infraestruturas.2

En definitiva, Aqualia, a empresa que xestiona a auga en Vigo, pertence a un inmenso grupo con beneficios multimillonarios que inclúe no seu accionariado a algúns dos homes máis poderosos e ricos do planeta. E esta mesma empresa é a que leva anos actuando con absoluto desleixo ante o estado lamentable das tubaxes que canalizan a auga no barrio de Coia, que reparan tarde e mal por non querer facer as inversións necesarias para evitar estas roturas constantes. E todo coa connivencia do concello de Vigo, que elude, como a empresa, as responsabilidades; que persegue, como a empresa, as débedas con Aqualia das persoas máis empobrecidas; e que comparte coa empresa os beneficios aportados pola veciñanza cando paga as facturas da auga mes tras mes, ano tras ano. Beneficios económicos, lucro, para falar claramente, a costa dun dereito que debería ser universal e gratuíto.3

O último episodio desta historia foi a rotura dunha tubaxe que provocou unha grave inundación, unha máis no barrio de Coia, que anegou os baixos do complexo parroquial e puido ter causado mesmo danos persoais graves. Neste caso tocoulle ao Juan, o noso párroco, pero podía terlle tocado a calquera veciño ou veciña que pasease pola zona e, sobre todo, podía ter sido moito máis grave do que foi. Como dicimos, este foi o último episodio dun ano no que este tipo de ‘incidentes’ foron constantes, como se pode observar na imaxe inferior, onde se observa a localización de cada un deles.

En declaracións a un xornal local, Juan Antonio Terrón, o noso párroco, lembraba que esta foi unha inundación máis, a terceira que padecemos. E engadía: «Ata agora so houbo repacións parciais cando é un problema global que afecta a todo o barrio». En definitiva, non é casualidade nin mala sorte, é desleixo e abandono da veciñanza, é marxinación dos barrios periféricos, é procurar maximizar os beneficios a costa da maioría. Non podemos permanecer indiferentes ante estas situacións que afectan ao barrio no seu conxunto, non podemos conformarnos coa queixa en voz alta ou co lamento polo baixo. Cómpre respostas colectivas, cómpren accións comunitarias que formulen respostas contundentes, que cambien as dinámicas e que artellen outras formas de facer, máis participativas, máis solidarias, máis xustas, na procura dunha vida digna para todas.

También te puede interesar :

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

LAJUSTICIASENIEGAAINVESTIGARAMARSANCHEZSIERRAYMILLANCALENTIYCONDENAALPERIODISTAPORINFORMASOBRESUCORRUPCION

La Injusticia en Galicia: La Persecución de los Denunciantes de Corrupción. Publicación permanente en este xornal  En lugar de ser reconocidos por su valentía y compromiso con la verdad, muchos denunciantes se encuentran perseguidos por un sistema judicial que, paradójicamente, parece proteger más a los corruptos que a los defensores de la justicia.  La Protección de los Denunciantes en los juzgados de Santiago de Compostela: Un Espejismo Legal....Seguir leyendo..+

Llévate esta Noticia en tú Móvil
QR-Code dieser Seite
 

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet