...E aínda teremos que dicir que chove!

Información
Opinión 05 Julio 2021 273 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Vimos de ver que as festas da Maruxaina contarán con máis aseos públicos e cunha maior vixilancia, unha solución que pouco ten que ver co verdadeiro problema do que aconteceu na vila de San Cibrao e de todo canto acontece a cotiá. A derradeira trampa, a patriarcado que permea dende as “nosas” institucións ata o discurso popular.

Ese monstro que leva a homes e mulleres a culpabilizar ás vítimas e que pón o foco, unha luz abrasadora, nun xesto tan mínimo como mexar nun sitio público ante as insuficiencias de servizos nunha festa multitudinaria cando o que verdadeiramente debería de facernos enoxar é a mercantilización total e absoluta dos corpos das mulleres. Tan pouco vale o noso corpo? Semella que para moitos o máis vergoñento non é que eses corpos pertencentes a mulleres que coñecen fosen arrebatados, e iso non se arranxa con aseos senón coa restruturación dos nosos valores como sociedade. Temos materias pententes; o respecto á muller, a empatía ante as desgracias das que non formamos parte. A necesidade dunha coeducación e de cambios profundos no sistema.

Ao patriarcado non o para unha cámara de vixilancia porque o ollo que mira pertence ao mesmo dono. Ao patriarcado fréao unha marea lilá. Nós estamos con elas. Vimos de ver que as festas da Maruxaina contarán con máis aseos públicos e cunha maior vixilancia, unha solución que pouco ten que ver co verdadeiro problema do que aconteceu na vila de San Cibrao e de todo canto acontece a cotiá. A derradeira trampa, a patriarcado que permea dende as “nosas” institucións ata o discurso popular. Ese monstro que leva a homes e mulleres a culpabilizar ás vítimas e que pón o foco, unha luz abrasadora, nun xesto tan mínimo como mexar nun sitio público ante as insuficiencias de servizos nunha festa multitudinaria cando o que verdadeiramente debería de facernos enoxar é a mercantilización total e absoluta dos corpos das mulleres.

Tan pouco vale o noso corpo? Semella que para moitos o máis vergoñento non é que eses corpos pertencentes a mulleres que coñecen fosen arrebatados, e iso non se arranxa con aseos senón coa restruturación dos nosos valores como sociedade. Temos materias pententes; o respecto á muller, a empatía ante as desgracias das que non formamos parte. A necesidade dunha coeducación e de cambios profundos no sistema. Ao patriarcado non o para unha cámara de vixilancia porque o ollo que mira pertence ao mesmo dono. Ao patriarcado fréao unha marea lilá. Nós estamos con elas. 


Observatorio da Mariña Pola Igualdade

campana_de_propinas