IOLANDA TEIXEIRO REI
Pouco antes do pasado Nadal estreouse o filme galego O corpo aberto, baseado no abraiante relato de X.L. Méndez Ferrín Lobosandaus de seu livro Arraianos. Dirixido por Ángeles Huerta e con música nada menos que de Mercedes Peón, pasou sen pena nin gloria pola carteleira. De xeito que non me foi posibel vela afiuzando en que un filme baseado nunha xoia da literatura galega do mellor escritor galego vivo, ben ía durar todas as festas. Mais, pasado o balume de filmes comerciais de ínfima calidade con que nos enfeitan nas vacacións, coidei que voltaría aos cinemas. Aínda estou a agardar.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Salvando as distancias abisías, recoñezo que un dos meus gozos é camiñar soedosa polas rúas da cuadrícula como facía Martiño Dumbría -transunto de Pedrayo e un dos pseudónimos do noso Carvalho Calero- polas rúas compostelás. Porque ler na vida ou nos livros tamén precisa da soedade e do silenzo, de nos identificar coa pedra e coa natureza. Porque hai unha cultura de cacarexo de curral, erudita ou non, e de fato entretemento e hai unha cultura reflexiva pegada ao calado cerne e á lameira. Os amigos dos livros sabemos que son instrumentos de ler a realidade anque para os lectores arelantes muden en fetiche, ese obxecto de desexo aínda máis raro hoxe do que nos tempos daquela mocedade do Seminario de Estudos Galegos que quería repoñer os destrozos dunhas xeracións aparvadas.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Pergúntanme que opino do polémico artigo Que sí pero no, escrito nun xornal polo psiquiatra e psicoanalista Luis Ferrer i Balsebre. Non vou opinar como pedagoga senón como muller.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Recén sabida da nova de que varias cadeliñas da raza can de palleiro chegaran a Madrid para ser educadas na guía de persoas, leo no xornal a nova de que investigadores do CSIC acaban de deseñar un can robot para guiar discapacitados. Entre as súas prestacións está que son quen de distinguir sen erro entre un obxecto e unha persoa mediante un sistema de aprendizaxe automático e unha cámara na cabeza. Ao estar conectado a Google, o can robot pode saber en tempo real a situación do tráfico e comunicarlla ao seu dono ou a outras persoas mediante voz.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI