Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

BIBLIOTECAS: O GOZO DA CULTURA

Información
09 Enero 2023 IOLANDA TEIXEIRO REI Correo electrónico Imprimir

Salvando as distancias abisías, recoñezo que un dos meus gozos é camiñar soedosa polas rúas da cuadrícula como facía Martiño Dumbría -transunto de Pedrayo e un dos pseudónimos do noso Carvalho Calero- polas rúas compostelás. Porque ler na vida ou nos livros tamén precisa da soedade e do silenzo, de nos identificar coa pedra e coa natureza. Porque hai unha cultura de cacarexo de curral, erudita ou non, e de fato entretemento e hai unha cultura reflexiva pegada ao calado cerne e á lameira. Os amigos dos livros sabemos que son instrumentos de ler a realidade anque para os lectores arelantes muden en fetiche, ese obxecto de desexo aínda máis raro hoxe do que nos tempos daquela mocedade do Seminario de Estudos Galegos que quería repoñer os destrozos dunhas xeracións aparvadas.

 Disque a destrución das bibliotecas ao longo da historia deveuse muito á que a cidadanía vivía de costas a elas a penas visitadas por unha elite de sabios. Eis a biblioteca de Alexandría. Manolo Rivas fala en Os livros arden mal, da queima de livros perigosos para o réxime, ao ler nesa asolagante narración ules o bosque do coñecemento a arder e sentes a mesma dor fonda que cando arde unha fraga. Ogallá endexamais vivamos tempos de livros proibidos nin de Montag, aquel bombeiro de Fahrenheit 451 que tiña por traballo queimar livros, a distopía de Bradbury na que ler era o maior acto subversivo e a cidadanía concienciada se dera a escolmar un livro e aprendelo, palavra a palavra, para gardar o coñecemento e o gozo da humanidade. Se cadra arestora nin se precise queimar os livros para evitar a lectura dado os atrancos con que ensarilla esta sociedade aos lectores.

Este novo ano, Ferrol-Montag mata a utopía do lecer no coñecemento como arma de futuro. A única biblioteca municipal pecha as portas polas tardes porque un governo cego e xordo ás demandas dos bibliotecarios e da cidadanía prefire sacrificar árvores en botar baquiños de papel ao mar para reclamar o Patrimonio mundial que cultivar as árvores do coñecemento.

Como no relato de Borges O livro de area, o posuidor do livro, non sabía ler e sentía que o livro era un obxecto de pesadelo, unha cousa obscena que infamava e corrompía a realidade. A realidade da cultura-espectáculo, da cultura opiácea que camiña pola vía da fuxida ou do mero devaneo intranscendente.

Dicía unha bibliotecaria que recortar en bibliotecas durante a recesión é como recortar hospitais durante unha epidemia. E John Steinbeck, nobel de literatura, dicía que polo grosor da poeira nos livros dunha biblioteca pública podía medirse a cultura dun povo. E indo máis lonxe, a autora de As ondas, esa abraiante obra, dicía que saqueava as bibliotecas públicas e atopavaas cheas de tesouros afundidos. Eses tesouros son as ideas que, a dicir de Sara J. Maas, é talvez a máis perigosa e poderosa de todas as armas. Por iso sempre se inviste máis en Defensa que en Cultura.

Triste é que se peche unha livraría pero moito máis perturbador é que se peche unha biblioteca pública porque, como dixo Caitlin Moran, a escritora e xornalista, é o único espazo público protexido onde non es un consumidor senón un cidadán.

IOLANDA TEIXEIRO REI

FERROL

 

También te puede interesar :

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

LAJUSTICIASENIEGAAINVESTIGARAMARSANCHEZSIERRAYMILLANCALENTIYCONDENAALPERIODISTAPORINFORMASOBRESUCORRUPCION

La Injusticia en Galicia: La Persecución de los Denunciantes de Corrupción. Publicación permanente en este xornal  En lugar de ser reconocidos por su valentía y compromiso con la verdad, muchos denunciantes se encuentran perseguidos por un sistema judicial que, paradójicamente, parece proteger más a los corruptos que a los defensores de la justicia.  La Protección de los Denunciantes en los juzgados de Santiago de Compostela: Un Espejismo Legal....Seguir leyendo..+

Llévate esta Noticia en tú Móvil
QR-Code dieser Seite
 

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet