IOLANDA TEIXEIRO REI
Confeso que é a primeira vez que habito o centro neurálxico da Semana Santa ferrolá pois como atea que son, só asistín ao espectáculo das procesións na indefensión da neneza nos turbios tempos do Xeneralísimo.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Este 8M volven ás rúas a se vestir de lila. Non de púrpura senón de lila. Os días previos ensaian as batuqueiras que percusionarán aos ventos denuncias de desigualdades de xénero. Gostaría de saber cantas falsas autónomas traballarán na produción, venda e distribución do merchandansing feminista. En que obradoiros ocultos por todo o planeta fabricaranse os panos e camisetas que lucirán milleiros de feministas este oito de marzo. Quizais esa feminista do xigante téxtil que pon a Galiza no mundo, segundo di esoutra feminista nacionalista, fará unha boa caixa coa sección lila deste día.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Pouco antes do pasado Nadal estreouse o filme galego O corpo aberto, baseado no abraiante relato de X.L. Méndez Ferrín Lobosandaus de seu livro Arraianos. Dirixido por Ángeles Huerta e con música nada menos que de Mercedes Peón, pasou sen pena nin gloria pola carteleira. De xeito que non me foi posibel vela afiuzando en que un filme baseado nunha xoia da literatura galega do mellor escritor galego vivo, ben ía durar todas as festas. Mais, pasado o balume de filmes comerciais de ínfima calidade con que nos enfeitan nas vacacións, coidei que voltaría aos cinemas. Aínda estou a agardar.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI
Salvando as distancias abisías, recoñezo que un dos meus gozos é camiñar soedosa polas rúas da cuadrícula como facía Martiño Dumbría -transunto de Pedrayo e un dos pseudónimos do noso Carvalho Calero- polas rúas compostelás. Porque ler na vida ou nos livros tamén precisa da soedade e do silenzo, de nos identificar coa pedra e coa natureza. Porque hai unha cultura de cacarexo de curral, erudita ou non, e de fato entretemento e hai unha cultura reflexiva pegada ao calado cerne e á lameira. Os amigos dos livros sabemos que son instrumentos de ler a realidade anque para os lectores arelantes muden en fetiche, ese obxecto de desexo aínda máis raro hoxe do que nos tempos daquela mocedade do Seminario de Estudos Galegos que quería repoñer os destrozos dunhas xeracións aparvadas.
- Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
- Categoría: IOLANDA TEIXEIRO REI