Un paso máis fronte á prepotencia dos Bancos

O traballo da Unión de Consumidores de Galicia en relación coas cláusulas da un paso máis. Esta semana, un dos seus asociados obtivo unha sentenza favorable que condena a banco Sabadell á devolución íntegra de tódalas cantidades cobradas en virtude dunha cláusula chan desde a sinatura da hipoteca.

Esta sentenza obriga á entidade bancaria a deixar de aplicar a cláusula chan e a restituír tódalas cantidades cobradas en exceso desde o ano 2008, cos xuros legais devengados por cada unha das cotas, ata a data da reclamación xudicial.

O caso remóntase a agosto de 2014 cando Unión de Consumidores de Galicia dirixe reclamación a Banco Sabadell reclamando que deixe de aplicar a cláusula chan así como a devolución das cantidades cobradas de máis desde a sinatura da hipoteca. Porén a boa vontade tanto do consumidor como desta organización, a entidade bancaria respondeu a estas peticións cunha actitude que esta organización só pode cualificar como prepotente e de absoluto desprezo aos dereitos do seu asociado, máxime nun contexto no que o Tribunal Supremo xa se pronunciara sobre este asunto. Malia contestar á Unión de Consumidores de Galicia que procedía a deixar de aplicar a cláusula chan, Banco Sabadell continuou aplicándoa e cobrando uns xuros indebidos ao seu asociado quen se negaba a aceptar renegociar o contrato nos termos que Banco Sabadell pretendía impoñerlle. Esta actitude foi contestada por Unión de Consumidores de Galicia e o seu asociado coa presentación dunha demanda cuxa posterior sentencia estima integramente as peticións do consumidor.

Unión de Consumidores de Galicia quere destacar a arrogante conduta dunha entidade financeira que ate o último momento, mesmo coa demanda xa presentada, pretendeu obrigar ao consumidor a aceptar unha modificación do contrato cuxos termos foron rexeitados desde o primeiro momento. Unha actitude similar a de outras entidades, como Banco Popular, que malia as reiteradas e contundentes resolucións do Tribunal Supremo seguen resistíndose ao seu cumprimento.

UCGAL considera que con independencia do que resolva o TXUE, as persoas que teñan unha hipoteca que inclúa unha cláusula chan poden plantexar a defensa dos seus intereses e reclamar as cantidades cobradas indebidamente desde a data de sinatura do préstamo. Con esta finalidade, prepara unha serie de actuacións informativas en toda Galicia que empezarán a impartirse desde o mes de abril.

  • ¿Dónde está Wally?, perdón ¿Dónde está Juan Manuel Jiménez Moran y su jefe Feijóo ? y el paritorio de Verin. Se incluye lupa gratis..?

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    ¿Dónde está Wally?, perdón ¿Dónde está Juan Manuel Jiménez Moran y su jefe Feijóo ? y el paritorio de Verin. Se incluye lupa gratis..? ALERTA PARTIDOS DE LA OPOSICIÓN ¡ donde miran sres diputados del PSdeG, BNG, En Marea, Podemos que no quieren ver lo que hay que denunciar y reclamar !  ¿ por que se creen que cobran Ustedes por callar ...?El protagonista de hoy en Xornal Galicia no es otro que el " IMPLICADO EN LA OPERACIÓN DE CORRUPCIÓN ENREDADERA " Exalcalde y Senador del PP por Verin Ourense Sr Juan Manuel Jiménez Moran de profesión enfermero que podría protagonizar el juego de Feijóo y su Gobierno en Verin con el Paritorio cerrado para las mujeres embarazadas y el comunicado de mar Sánchez Sierra a la Voz en su edición del día 10/12/2019 Feijoo compromete más ayudas contra la violencia machista en los premios Emilia Pardo Bazán. ¡ es que acaso no es presunta violencia machista obligar a las embarzadas a ir en transporte público a dar a luz a Ourense a 72 kilómetros que según el diario el Progreso de Lugo "UNA[…]

Otros articulos relacionados.....