O outro antonte, aproveitando unha escapada á Ribeira Sacra, embarquei no catamarán que percorre o Sil dende a ponte de Paradela deica ao mosteiro de santo Estevo. Ao pé do embarcadoiro, serpea a estrada que xungue a terra de Caldelas coa de Lemos, preguiceira ela, vai gañando altura polos socalcos de Doade.

O barco de dous cascos laterais unidos a unha plataforma, o catamarán, comezou a virar cara abaixo, mentres o guía daba a benvida aos turistas, e axiña de espallar polo miúdo a singradura polo canón do Sil, enmudeceu un bocado; entón, cada quen foi ao seu, ollando en fite ás dúas bandas do río, engaiolados polos debuxos dos pataos, valados incribles que reteñen unha terra lixeira, de coios e laxas, fan decotío viños ricos nas adegas, godello e tinto de mencía con sona de Amandi: "dignos de ser amados". As paredes de vella cantería, pedra sobre pedra calzadas unhas nas outras, trala procura dun axeitado acomodo: os socalcos, do latín sub calce, fan posible esta viticultura heroica.   Sentado nun beiril do barco, a estribor, continuaba ollando a paisaxe humanizada das viñas de Doade que baixan multiplicándose en liñas paralelas a xeito de pentagramas de brancas e negras até bicaren as augas quedas do Sil. Porén, axiña, co ruxerruxe dos motores fun entrando nos meus adentros, e axiña me veu á memoria o accidente do coche da feira aínda afundido por debaixo de nós: cóntase que un home de Lemos, "O Troitas", salvara a vida agarrándose ao rabo dun porco... Despois dun bocado en branco nos biosbardos, o meu maxín entrou na moviola do percorrido do Sil antes do embalse. (Os que xa peiteamos canas andamos, dálle que dálle, escarvando nos aluvións da memoria de cando nenos naquela Galicia rural de subsistencia).

Na altura de A Teixeira, o río recibía o nome de Cachón. No albor da primavera, os mozos das dúas bandas do río andaban na cava das viñas, obriga dun dos mandamentos do ribeirao: "andar trala gancha" de dous gaios amontoando a terra en cavañós! Ao remate dunha parede, era o momento de darse un respiro ou, mesmo, berrarlle aos limeses que estaban a furgaren nas viñas da porta doada de Lemos: "A túa nai cando pariu cantos porcos trouxo, hooo...? Ai, hooo.! baixade ao medio do río, de terdes c., que para todos vós abonda un de nós.!" Ademais doutros saúdos de bonhomía e de benquerenza, frecuentes entre a mocidade das dúas abas do río. Outras veces, competían en guindaren coios máis lonxe ou ver quen era o máis destro en capar o río cun cacho de tella que brincaba sucesivas veces nas vairas e pozas dos remansos.

Na desembocadura do Mao, río humano ou pequeno, o catamarán virou a babor entrando con tento pola raia do medio entre Cristosende e Barxacova. Ao redor: viñas, hortas, soutos, amieiros, carballos, sabugueiros... Tirando cara arriba polo río pequeno, agora hai unha pasarela de madeira á beira do río, a ponte das Mixerelas, onde baixan as augas mexendo rebuldeiras.

Máis arriba, á beira da estrada, a Fábrica de Luz, hoxe un albergue. No cumio, a unha carreiriña de can, a parroquia castrexa de San Lourenzo coas tumbas antropomorfas de san Vitor que datan do medievo. No canón do Mao, o rumor de fervenzas e cachóns: disque as augas baixan fuxidías das meigas, que as veñen atizando coas vasoiras na altura da ponte de Conceliñas.

Recuperada na navegación no Sil, no tramo máis espallado, ai está a aldea de san Fiz da parroquia de Sacardebois: testemuño dos derradeiros que a habitaron; hoxe, un cemiterio de lembranzas. Os ribeiraos de san Fiz, da Barca de Baixo, de Meixide e de A Ponte, en Barxacova, ollaban coa tristura de bágoas porfiadas como as augas famentas do mal, un encoro matinado polo demo, ameazaban con asolagar os eidiños da casa, herdados de pais a fillos no percorrer de longos tempos: "Aí vai o burro cosa noces!", berraba un vello! Primeiro, a auga foise achegando pouco a pouco cubrindo as viñas e mailos terreos que había por baixo das casas; logo, comezou a entrar nas adegas a auga intrusa e ladroa do tsunami da Fenosa no alpendre, no poleiro, no forno e nas cortes de porcos; mañá, vai vir deslizándose coma serpe pola gateira da porta da casa; en poucos días, irá rubindo polas paredes até as ventás das alcobas e fachinelos dos faios, e así, gañando rango, non parará até cubrir os tellados de fea escuma. Ao lonxe, só queda á vista o viraventos do campanario da capela de san Fiz coa crista dobrada do galo, marcando un destino descoñecido: testemuño do que fora antano este lugar e como sinal de aldea desaparecida en aras da voracidade do nomeado progreso. 

          A construción do embalse de santo Estevo, inaugurado por Franco en 1955, cambiou non só a paisaxe da ribeira do Sil, senón tamén os modos de vida de moita xente que sufriu o desarraigo na emigración.

Eduardo Prieto Casares

Business over Tapas June 7 2018 Nº 260

*Next week, Business over Tapas is taking a break. We...

A/A Sr.D. Alberto Grijalbo ALCOA-INESPAL : Aviles (Asturias) y San Ciprian-A Coruña (Galicia)

http://abogadoscontralacorrupcion.es/?p=701  Nuestra más sincera enhorabuena al Cómite de Empresa de ALCOA-INESPAL...

Legítimas y justas demandas sociales de un pacto educativo de Estado. Especial clamor del profesorado de Religión

Antonio José Parafita Fraga, escritor y comentarista de temas sociales...

Artículo Periodístico 1.675º: “Cuestiones sobre Dios, VIII”.

En el artículo anterior, hablábamos del mal, como el gran...

Los hijos “in vitro”: los nuevos esclavos de la modernidad

Algunos de los hijos “in vitro” se autodenominan como los...

Máis de 1.900 corredores participarán este sábado na Gladiator Race

A proba celebrarase no Monte do Gozo. Máis de 1.900...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)