As bondades e as maldades do lume

11 Agosto 2015  Sección; Especiales 2717 votos

Fuego2O home antecesor, o noso tataravó, querida Marta, que lle tocou vivir nos albores dos tempos, foi aprendendo a dispor dos recursos que lle brindaba a natureza, daquela inhóspita para un indefenso e desvalido homínido.Mais o "Homo Erectus", que foi gañando a verticalidade até plantarse como bípede coas mans ceibes para afiar un óso contra unha pedra ou, mesmo, artellar un coitelo cun cacho de sílex, disque coa avantaxe dun cerebro máis desenrolado, foi descubrindo novas tecnoloxías, daquela revolucionarias, destacando dous achados decisivos para o porvir da humanidade: o invento da roda e mais o segredo do lume. Logo, co devir do tempo, naquela preguiceiro, habería de presentarse un fillo da súa nai, co caletre amoblado de home sapiens, a botarlle auga á festa do fachos.

 Tal é o home dual de hoxe: un pirómanos e mais bombeiro, contraditorio de si pero non, sensato e mais tolo, humano e mais lobo: ás veces, un lobishome endemoñado. Un día de verán, á noitiña, deulle por prender lume ao monte, fonte de recursos da súa aldea.
-Lume, lume na fraga; o monte, que arde o monte.!
-berra o alcalde pedáneo de Santiago de Medorra, espertando aos veciños que xa moran quedos no sagrado. O monte do Burgo cheira a morte: tantos anos de gloria, entre lusco e fusco, quedaron arrasados: só unhas gallas retorcidas e esgazadas continúan con fume.
Axiña, virán as chuvias do outono lavarlle os pés para o enterro: o monte quedará lambido, só unha fea calva de pedras desolada; primeiro, veu o lume e logo choveu auga porfiada: que mal lle pinta a auga despois do lume aos montes ladeiros da ribeira de Caldelas!
Se antonte amosaba espléndido, hoxe está triste e silandeiro: antes presumía de esveltos carballos, acivros de follas espiñosas, frondosos castiñeiros; collage de follas de humus con lentura; falcóns peregrinos e gabiáns; raposos nos tobos debaixo das penas; sinfonía de chíos e rechouchíos de cotovías e de papuxas paporrubias; divertidos esquíos; merlos e perdices voadoras; campaíñas de estalotes, frescos morotes; perfume de ourego, loureiro e caraveis; porén, onte veu a Parca co lanzachamas e daquelo tan fermoso xa non che queda nada: calvo, negro e feo, monte queimado, que mal te vexo!
O LUME, a auga, o aire e mais a terra conforman a natureza.
Abofé que a listaxe das bondades do lume, así e todo, querida Marta, éche longa coma unha devota ladaíña: lume cego de cozos que secan castañas no canizo; fol de zafra que alimenta o lume que ha de debuxar santos de ferro a golpes de martelo; fumeira que cura os chourizos colgados dos fungueiros; labaradas de xestas que quenta a barriga do forno de pan centeo; lume morno que destila augardente de bullo; lume afogado das tuleiras; lume de candil de carburo que perfuma e alumea o cu da noite; lume de incenso de botafumeiro que purifica aos peregrinos; lume de fachón que espanta aos lobos que de noite queiman cos ollos; lume purificador de meiga queimada por falar de máis ou por non dicir nada; lume do purgatorio, lume do inferno, divina comedia dos cregos; lume que impera a Nerón a prender fogo a Roma; lume no monte baixo de Venus que apaga a vontade de varudo bombeiro; lume do Vesubio que cuspiu morte noitebra, deixando estafermos a pompeianos fixados no seu quefacer dun intre da súa intrahistoria.
Chispa dun raio que queima a palleira dun aldeán pobre; árdelle o eixe, carallo! a un carro cantareiro polo fondo da corredoira; fogueira de San Xoán que borra tanto erros coma os pesares do calendario; lume eterno de virxes vestais que non poden procurar mozo con quen apagalo; lume do xamán Maui que baixou do ceo para mostrar aos homes o arte do fogo; lume rexenerador que escintila bolboretas en parella de namorados: disque o home é fogo e a muller estopa e ven o diaño e que sopra; lume de volcáns, morada dos deuses, para os que pedían os meigos sacrificios humanos; roda ao carón do lume de lareira que achega aos veciños nun trisquel parladoiro de contos lobeiros; fogar de familia romanés en acampada; lume purificador de bacilos nun sanatorio; lume frío de cirios no velorio dun ateo; vagalumes no camiño dun descarreirado; fachos malabares que embotellen de onde saíu o "relaxing cup of café..."
Foguetes de cores que debuxan o ceo de festa rachada: lume do Magosto de San Martiño de Sacardebois, Parada de Sil.
Eduardo Prieto Casares

  • Feijoo y Mar Sánchez Sierra convierten el viaje a Argentina en una burla a los gallegos/as y "cortinas de humo" para losastilleros de Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Feijoo y Mar Sánchez Sierra convierten el viaje a Argentina en una burla a los gallegos/as y "cortinas de humo" para losastilleros de Galicia. En países donde la política se parece mas a la “cosa nostra” como México, país que bien conocen Mar Sánchez Sierra y Feijóo  por sus idas y venidas relacionadas con los contratos navales de PEMEX, donde las cortinas de humo se utilizaron como  distractores para "mentir" a Galicia y los Gallegos/as que ahora no solo investiga la Fiscalía de Mexico, si no que también  se sumó la Fiscalía de EE.UU en la que aparecen presuntamente implicados los altos cargos de la Xunta según diversos medios  de comunicación... El líder gallego lanza su "última carta marcada como clavo ardiendo " con el único propósito de afianzarse 4 años más en el  poder de la Xunta de Galicia, ( Feijóo según las encuestas pierde la Xunta..+) burlándose literalmente no solo de Galicia y lo que representa, también de sus ciudadanos/as  que nunca en sus 10 años de gobierno han visto cumplir una sola promesa desde que llegó al poder, destruir sí, comenzó por la sanidad-sergas y así está...+Solo[…]

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


Otros articulos relacionados.....