Breogán Riobóo presenta Decide Galicia, un proxecto participativo para liderar Podemos na Comunidade

Información
;Galicia 15 Marzo 2016

O secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo Lois, presentou esta mañá, en Santiago de Compostela, Decide Galicia, coa Voz da Xente, un proxecto participativo co que concorre ás primarias da organización, para que a Asemblea Galega teña a oportunidade de ratificalo no seu posto e, ademais, formular unha nova proposta para xestionar o partido na Comunidade, que se está a desenvolver desde os eixes da participación e a transparencia.

 

Na súa intervención, Riobóo pediu que Podemos publique o número de inscritos da organización en Galicia antes de que se celebren as primarias.

Os documentos político e organizativo presentados abriranse a debate nunha serie de asembleas que se celebrarán nas sete grandes cidades galegas, que tamén servirán para elixir a 26 candidatos e candidatas á formar parte da lista para o Consello Cidadán, órgano executivo autonómico,  e que serán votadas en réxime de preprimarias abertas.

Entre os días 22 e 25 de marzo todos e todas as simpatizantes de Podemos en Galicia poderán votar a máis do 70% da xente que formará a lista definitiva e que se presentará ás primarias do Consello Cidadán Galego, o órgano executivo autonómico da formación.

Os documentos

No referente aos documentos, Decide Galicia aposta por explorar confluencias amplas á hora de concorrer nos próximos comicios galegos e que sempre estarán ratificadas pola Asemblea Cidadá Galega de Podemos, conformada por todos os inscritos e as inscritas da organización.

Así mesmo, apuntan a opción de unha persoa un cargo, orgánico ou institucional, para evitar que unha persoa poda acumular postos e que o traballo político da formación se amplíe no maior número de xente posible.

Dentro do documento organizativo, tamén se avoga por crear un Consello Territorial Autonómico no que, ademais dos integrantes no Consello Autonómico, participarán os secretarios xerais municipais e representantes de círculos.

Outras das medidas que se presentan é o impulso á creación de novos círculos naqueles municipios onde non existen, crear círculos comarcais para o traballo e o debate neses ámbitos supramunicipais, así como abrir procesos de elección nos órganos locais inminentemente.

  • Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia. FEIJOO TRASLADADO A MÁS DE 60 KILÓMETROS DE VERIN POR LAS FUERZAS DE SEGURIDAD PARA QUE PUDIESE SALIR ILEPSO.La última "farolada de Feijoo" llega al esperpento y circo de pesonajes dignos de una serie de los muertos vivientes, el PPdeG y su asesora no han visto nada mejor que ir a "cagarse" en las narices de la comarca de Verin-Monterrey en Ourense, trasladando hasta alli, a cuatro personajes de fuera de la comarca que se prestaron a hacer de público de la zona en un campo de fútbol, lo que ocasionó la crispación, enfado de los vecinos de la comarca que fueron directos a provocar " LA CAÍDA DEL IMPERIO MARRANO ", refiriéndose a todo lo que representa Feijóo, en una campaña de TROLS, PERFILES FALSOS, entre las "cagarrutas de cabra o fantasmas digitales" que deambulan por la red, Feijóo y Mar Sánchez llevan más de 4 meses que no se atreven a viajar a América por miedo insuperable a[…]

Otros articulos relacionados.....