19633084186 d29015df0f oO socialista destaca “a esixencia dun novo sistema de financiamento” e dun “reparto máis xusto dos obxectivos de déficit” para as autonomías acordado no Consejo de Política Federal en Sevilla

“Feijóo non quixo saber nada de sumar forzas para o novo financiamento e acaba de ceder ante Montoro co déficit”, afirma

Sevilla, 13 de xullo 2015. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá no Consejo de Política Federal do PSOE en Sevilla, una reunión na que se estableceron as bases para o cambio seguro co protagonismo das comunidades autónomas, nas que os socialistas veñen de recuperar varios gobernos en toda España. “Galicia está preparada tamén para sumarse ao cambio e para reclamar protagonismo e dereitos sociais, fronte a un presidente da Xunta que non reclama nada para o seu país, que só asina o que Rajoy lle pon diante”, afirma Besteiro, por exemplo na recente proposta de obxectivos de déficit de Montoro, que só catro comunidades votaron a favor, entre elas Galicia.

Así, o líder dos socialistas galegos incide especialmente, por una banda, na aposta asinada hoxe polo seu partido para “reclamar de forma urxente un novo sistema de financiamento autonómico que permita exercer o autogoberno e garantir a igualdade de dereitos dos cidadáns”, despois de que o Goberno incumprise a obriga legal de presentar una proposta pasados cinco anos da posta en marcha da lei. “Hai máis dun ano e medio que lle trasladei a Feijóo a necesidade de sumar forzas para un novo sistema de financiamento, pero non quixo saber nada”, lembra Besteiro.

Por outra banda, destaca “a necesidade dun reparto máis xusto e equilibrado dos obxectivos de déficit” entre as administracións. “Hai uns días só catro presidentes das comunidades de toda España cederon ante Montoro e Rajoy en prexuízo dos cidadáns para aprobar uns obxectivos de déficit inxustos, e un deles foi Feijóo”, di Gómez Besteiro, que lembra que “incluso unha do PP, Castela e León, optou pola abstención”.

Ante esta “submisión” aos intereses da dereita que vive Galicia, Besteiro lembra que “o cambio xa comezou” en moitos concellos e comunidades, seguirá co Goberno de España e continuará co goberno galego. “Os socialistas xa gobernamos nunha maior porcentaxe de poboación en Galicia que o PP nos concellos despois das municipais, e lideraremos o cambio no noso país”, di.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)