O vindeiro martes, 2 de febreiro, o escritor Pedro Feijoo recollerá o Premio Literario Arcebispo San Clemente á mellor obra en lingua galega do ano 2015 pola súa novela A memoria da choiva. No ano 2013 xa gañara este premio coa novela Os fillos do mar.

 

Con motivo desta viaxe a Galicia –Pedro Feijoo vive agora en Cataluña- o escritor participará en varios encontros con lectores e lectoras da súa obra. O mércores, 3 de febreiro,  falará para alumnos/as dos IES Laxeiro de Lalín e 12 de Outubro de Ourense e manterá un encontro cos Clubs de Lectura da Biblioteca Municipal Os Rosais da Coruña. O xoves, 4 estará cos alumnos/as do IES de Cambre e o IES María Sarmiento de Viveiro e pola tarde, participará no Club de Lectura da Escola de Idiomas de Ferrol.

Dende a aparición da súa primeira novela, Os fillos do mar (Xerais, 2012), da que leva vendidos máis de 7.000 exemplares, Pedro Feijoo converteuse nun dos autores de máis éxito entre lectores e crítica. As súas tres novelas xa están traducidas ao castelán. Neste mes de febreiro a editorial Versátil lanza “La memoria de la lluvia” logo da boa acollida de “Morena, perigosa e románica”, tamén editada en castelán ao tempo do seu lanzamento en galego.

LOLA RIDGE, IRISH-AMERICAN RADICAL POET

The poet and activist Rose Emily ‘Lola’ Ridge (1873-1941), was...

Estrategias para la calidad y la regeneración democrática

José Manuel Canales y Ángel Valencia Sáiz (editores), Estrategias para...

Flujos de trabajo serán cada vez más eficientes con el uso de tableros Kanban

Para visualizar, gestionar y corregir los errores en tiempo real...

¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales de España en Andalucía?

:CON MOTIVO DE LAS PRÓXIMAS ELECCIONES GENERALES ASÍ COMO AL...

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Otros articulos relacionados.....