‘Perfiles, factores e contextos no ensino e aprendizaxe de ELE/EL2' é o lema desta edición

Ao longo de tres xornadas do vindeiro mes de setembro, a USC será sede do XXIX Congreso Internacional da Asociación para a Ensinanza do Español como Lingua Estranxeira (ASELE), organización internacional que conta con máis de oitocentos profesores, estudantes e profesionais de preto de cincuenta países dedicados a investigador e ensinar o español como segunda lingua.

‘Perfiles, factores e contextos no ensino e aprendizaxe de ELE/EL2’ será o tema desta edición do congreso, que contará con tres liñas principais: perfís lingüísticos na ensinanza e aprendizaxe do español; factores individuais que inciden nestes procesos; e contextos no ensino do español. As persoas interesadas poderán presentar propostas de comunicacións ata o próximo 5 de xuño.

Como lembra a presidenta do comité organizador Pilar Taboada de Zúñiga Romero, o español é a segunda lingua máis importante no ámbito internacional, con máis de 477 millóns de persoas en todo o mundo que a teñen como lingua materna e tamén a segunda do mundo por número de falantes tras o chino mandarín e a segunda nun cómputo global de falantes. Segundo datos de 2017 do Instituto Cervantes, no conxunto de Internet, o español é a terceira lingua máis utilizada, posición que mellora no caso das redes sociais e nomeadamente de Facebook e Twitter, xa que nestes medios é a segunda máis utilizada. Pilar Taboada apunta que por razóns xeográficas, a porcentaxe de poboación mundial que fala este idioma como lingua nativa –o 7,8% da poboación mundial- está aumentando, cun proceso paralelo de descenso de falantes de chino e inglés.

O congreso está organizado por Cursos Internacionais e a Facultade de Filoloxía da USC coa participación de especialistas de todo o mundo nesta disciplina. O programa provisional inclúe a conferencia inaugural que pronunciará o director da Real Academia Española, Darío Villanueva Prieto, e as conferencias plenarias de Joán-Tomàs Pujolà Font e Kim Potowski. Ademais estarán representadas o Instituto Caro y Cuervo de Colombia; COMUN-ES, Comunidade de Investigadores do Español; a Subdirección Xeral de Cooperación Internacional e Promoción Exterior Educativa; e Corpus de Aprendices de Español como Lingua Estranxeira (CAES).

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Los sellos personalizados siguen siendo imprescindibles para las empresas

El avance de las tecnologías y el uso, especialmente de...

Otros articulos relacionados.....