tasasxudiciaisparafacerricoaoppA deputada socialista Patricia Vilán reclamoulle á Xunta que reivindique do goberno central as contías cobradas aos galegos e galegas como taxas xudiciais para financiar a quenda de oficio. Vilán presentou unha iniciativa parlamentaria con motivo da celebración, mañá domingo, do Día Mundial da Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.

A responsable socialista lembra que, de acordo co director xeral de Xustiza da Xunta, o Goberno recadou en todo o Estado un total de 57 millóns de euros durante o vigor das taxas xudiciais, que supostamente estaban vencelladas á asistencia xurídica gratuíta. Sorprendentemente, Galicia tan só recibiu do Goberno do Estado 346.000 euros, polo que instou ao Executivo autonómico que reclame “unha cantidade mais decente”.

Vilán lembra que o servizo público da xustiza é “básico para a vertebración do Estado Social e Democrático de Dereito”, porque “os dereitos valen o que valen as súas garantías, e a última garantía dos dereitos é sempre xurisdicional”.

Lembra que o novo ministro de xustiza decidiu derrogar as taxas xudiciais impostas previamente por Rajoy para as persoas físicas a través da Lei do 20 de novembro de 2012, que dicía que “aportarían uns maiores recursos e permitirían unha mellora no financiamento do sistema xudicial, e en particular da asistencia xurídica gratuíta”.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (38449-POC Taxas e quenda de oficio-xullo 2015.pdf)38449-POC Taxas e quenda de oficio-xullo 2015.pdf 126 kB2015-07-11 10:11

Ideas para decorar, desde hormigón impreso hasta luces LED

El hogar es un espacio de refugio para las personas...

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

Otros articulos relacionados.....