Natalia CarouBaía Edicións, Pousada das Ánimas e Barbantia teñen o pracer de convidar ao seu medio ao acto de presentación da novela A Cova da Moura (editada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira e ilustrada por Jose Gimeno), de Natalia Carou Figueira, que terá lugar o vindeiro martes 16 de maio, a partir das 20:30 horas, na Pousada das Ánimas (Rúa Pablo Iglesias, 14 – Boiro).

 

                No acto, ademais da autora, intervirán Suso Santamaría (A Pousada das Ánimas),  Xoán Pastor Rodríguez (Asociación Cultural Barbantia) e Belén López Vázquez (Directora editorial de Baía Edicións), e contará co acompañamento do grupo musical Barahunda, integrado por Helena Alfonso e José Lara Gruñeiro, que interpretarán algunhas das pezas medievais incluídas no seu último álbum, Múdanse os Ventos.

Información autora:

Naceu en Boiro, en 1974. Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña e compaxina o seu traballo como asesora empresarial, coa paixón pola lectura e a escritura. Escribe relatos, contos breves e tamén novelas.

En 2012 publica a súa primeira novela en galego, http://baiaedicions.gal/o-alento-nas-costas.html">O Alento nas Costas (Baía Edicións), destinada ao público xuvenil.

Mariposas Tristes (HarperCollins-HQÑ Narrativa 2017) é unha novela en castelán para todo tipo de lectores.

http://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/meiga-moira-lecturas-12-16-anos/a-cova-da-moura.html?___SID=U">A Cova da Moura é a súa terceira novela.

Sinopse:

Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga.

Atopar ese lugar será algo primordial antes de devolveren as chaves do complexo. A Cova da Moura garda no seu seo un material valiosísimo que poñerá de manifesto a verdadeira personalidade e identidade dos habitantes do castelo.

As dificultades de Cleofar para entrar no castelo e cobrarse vinganza pola afronta sufrida, a súa infancia na aldea de Seredia e a súa difícil vida na Cova da Moura, mestúranse dun xeito paralelo coas vivencias de Malena e Mateo: as tráxicas circunstancias da infancia de Malena, a relación existente entre os protagonistas e a ambición de Mateo.

A fin de axilizarmos o seu traballo e, por se resulta do seu interese, achegamos o teléfono de Natalia Carou: 630 410 293.

 

Reciban un atento e afectuoso saúdo e o noso agradecemento pola atención prestada este comunicado.

Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións (607 185 164)

Hartazgo, falta de soluciones, y los emigrantes invisibles

El hartazgo por los políticos es algo global. La ridiculización de...

6 consejos para comprar una vivienda con éxito

La compra de una nueva vivienda puede llegar a ser...

Falla Cooperación Judicial Internacional entre el Perú y España por César Acuña entre Fiscalías

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Una modesta proposición (no de ley). Estreno en Lagrada 31.1.2020

Una modesta proposición (no de ley). Estreno en Lagrada 31.1.2020  RESEÑA...

Comparadores y Simuladores de Hipoteca

Según los datos que nos llegan desde el INE, ya...

Tu dieta necesita apoyo de Meritene para cubrir necesidades nutricionales

Llevar una dieta balanceada es una de las principales bases...

La ley hipotecaria vuelve a afectar a la firma de nuevos contratos

La contratación de hipotecas ha seguido bajando durante estos últimos...

César Acuña delega en Luis Valdez atacar al Dr. Miguel Gallardo

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Consejos para crear un Call Center

Son muchos los negocios hoy en día que ven en...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi