O Sindicato Labrego Galego levou a cabo hoxe, 22 de maio, unha concentración de protesta diante da factoría de Logística Alimentaria en Outeiro de Rei (Lugo).  
A elección do lugar non foi gratuíta: trátase da fábrica onde a Xunta de Galicia fundiu ao redor dunha decena de millóns de euros do erario público na cacicada política de Alimentos Lácteos, experimento que levou á ruína un milleiro de explotacións e varias cooperativas como La Arzuana, Gancobre ou Tierra Llana.
En canto a Logística Alimentaria, temos constancia de que está a pagar o leite a prezos miserables de 17 céntimos por litro a cooperativas como Val de Lemos (Monforte), Cova de Vales (Curtis) ou O Pereiro (Meira); e mesmo casos sangrantes nos que, cando algún gandeiro quixo cambiar de empresa para buscar mellores condicións, en vez de cobrar o leite que lle debían acabou pagando á industria en virtude de cláusulas leoninas e diversas andrómenas legais. En resume, tanto a empresa como a factoría son o emblema e a pura expresión do modus operandi mafioso e extorsivo da industria leiteira deste país que, con tal de maximizar os seus beneficios no curto prazo, non dubida en levar á ruína miles de explotacións leiteiras na Galiza. Empresas como Logística Alimentaria están obrigando ao sector enteiro a entrar nunha espiral de baixada de prezos que se levará por diante non só miles de granxas, senón moitas empresas de servizos, de transportes ou cooperativas que dependen tamén do sector leiteiro para vivir.
Na súa intervención diante do cento de gandeiros e gandeiras que participaron no evento, a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, xustificou este acto de protesta porque “cremos que, cedo ou tarde, as mobilizacións acabarán aglutinando todo o sector porque a situación é insostible. Calquera granxa, tras levar meses sen dar pagado as facturas a final de mes, e vendo a parálise dos nosos gobernantes, acabará botando man de tódalas ferramentas posibles para facerse oír e para esixir solucións, incluídas as protestas na rúa”.
Respecto da pasividade do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural nunha das peores crises do sector lácteo dos últimos anos, a secretaria xeral do SLG criticou que a Xunta teña bloqueado calquera xuntanza dos axentes do sector en foros de diálogo como a Mesa do Leite, que leva anos sen ser convocada “de maneira que imposibilita o acordo de solución ningunha”. E as solucións deben ser “urxentes”, reclamou Isabel Vilalba. “Promover torres de leite en po, como ten anunciado Feijóo na actual campaña electoral, é un absurdo cando o Estado Español é o segundo país comunitario en excedentes deste subproduto lácteo polo que se están a pagar prezos miserables ao redor dos 20 céntimos por quilo, e cando é unha medida que non ofrece ningunha solución inmediata. Queremos solucións para os miles de familias gandeiras que, nos vindeiros meses, corren o risco de arruinarse e perder o seu medio de vida. E con iso non podemos xogar. As políticas do sector leiteiro non se poden limitar a unha serie de slogans e titulares durante as campañas electorais. As políticas leiteiras deben estar ligadas á vida das persoas, ao seu medio de vida, e a garantir o futuro do medio rural”.
Diante da excepcionalidade da crise, Isabel Vilalba fixo un chamamento á unidade do sector lácteo -sindicatos, cooperativas, etc.- para esixir solucións e saídas inmediatas a unha situación que xa resulta insostible para a totalidade dos produtores e das produtoras de leite deste país
  • El futuro en la Xunta de Galicia de Feijóo y Mar Sánchez Sierra podría estar en los documentos de Pemex-Barreras que tiene el periodista Miguel Delgado.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    El futuro en la Xunta de Galicia de Feijóo y Mar Sánchez Sierra podría estar en los documentos de Pemex-Barreras que tiene el periodista Miguel Delgado.  Siguen cayendo imputados por corrupción de Pemex en México y comunica al periodista Miguel Delgado que el Presidente de la Xunta esta siendo investigado por la fiscalía de México. Tras una larga investigación sobre los viajes de Feijóo y Mar Sánchez Sierra a México desde el año 2013 en que empezó la corrupción en la petrolera de México dueña de los Astilleros Barreras de Vigo en lo que intermedió Feijóo y Mar Sánchez Sierra dejaron un rastro tan amplio y de impunidad que ahora según la fiscalía mexicana están directamente bajo investigación sumarial en México y que podrían sumarse a los principales imputados en la corrupción de la petrolera mexicana con fuertes vínculos en Vigo, Celta y Astilleros Barreras.Nuevo detenido en Pemex Miguel Ángel Lozada Aguilar que podría estar vinculado a la trama gallega en Astilleros Barreras, sumándose a los íntimos amigos de Feijóo ex Presidente Peña Nieto o Lozoya perseguidos por la Interpol por saquear la petrolera mexicana dueña[…]

Comparadores y Simuladores de Hipoteca

Según los datos que nos llegan desde el INE, ya...

Tu dieta necesita apoyo de Meritene para cubrir necesidades nutricionales

Llevar una dieta balanceada es una de las principales bases...

La ley hipotecaria vuelve a afectar a la firma de nuevos contratos

La contratación de hipotecas ha seguido bajando durante estos últimos...

César Acuña delega en Luis Valdez atacar al Dr. Miguel Gallardo

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Consejos para crear un Call Center

Son muchos los negocios hoy en día que ven en...

Micrófonos con falsos interruptores espían a invitados a tertulias televisivas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Anunciantes de CONFIEP en programas mermeleros del Perú serán identificados desde España

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Actualidad Ibérica Comisionólogos de comisionistas, comisariados y comisarios. Hacia la comisionología y su Ética

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Aspectos a tener en cuenta al elegir un software call center

El aspecto de la comunicación siempre ha contado con una...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi