feijooelmangueritasA CIG, CCOO, UGT e CSI•F anuncian que iniciarán mobilizacións no caso de non obter unha resposta positiva da Xunta
A CIG, CCOO, UGT e CSI•F denuncian a situación de emerxencia á que o goberno da Xunta levou o Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) co desmantelamento paulatino do servizo a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra. As organización sindicais anuncian que de non obter unha resposta positiva da Xunta iniciarán mobilizacións e actos reivindicativos.
Dende as centrais sinalan que a “irresponsábel fragmentación” levada a cabo pola Consellería do Medio Rural e Mar do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, “está a prexudicar gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas”.

Segundo critican, a precarización das condicións de traballo, a falta de medios -tanto materiais coma humanos- así como a inestabilidade laboral e profesional á que a Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsábeis.

Asemade, queren poñer en coñecemento da opinión pública que nestes últimos seis anos todas as peticións de diálogo e negociación feitas dende as organización sindicais caeron en “saco roto”, obtendo sempre o silencio como resposta.

Diante disto, hoxe mesmo presentaron unha solicitude á conselleira do Medio Rural e Mar esixindo a apertura dunha mesa de negociación na que abordar de forma urxente os problemas actuais do SPDCIF. No escrito comunícanlle que no caso de non recibir resposta positiva a esta oferta de diálogo antes do 15 de xullo “verémonos na obriga de iniciar mobilizacións e actos reivindicativos na defensa dun servizo esencial para os intereses de Galiza”.

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


Otros articulos relacionados.....