Dende a Asociación profesional do persoal laboral do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia, APROPIGA, queremos denunciar o progresivo desmantelamento do Servizo Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural (Spdcif) por parte do goberno da Xunta de Galicia.

Lamentamos o acontecido no día de onte, no cal arderon 10 hectáreas no lume de Cortegada, Ourense cando non debería arder nin 10 metros cadrados.

O primeiro medio aéreo en chegar, o helicóptero de Toén comunicou á súa chegada que ía ardida pouca superficie e que cría que con unha descarga de auga o podería controlar.

Os medios aéreos é imprescindible que actúen en conxunto coa brigada propia, que son quen auxilia e complementa as descargas de auga que o helicóptero fai, rematando o lume.

O helicóptero de Toén está actualmente sen brigada a pesar de ter contrato dende o 1 de Agosto do 2015 ata o 2017 CON BRIGADA. Adxudicación que se lle fixo ás empresas privadas Inaer-Natutecnia por 4 Millóns € e que é a mesma empresa que tiña a adxudicación anterior do mesmo servizo.

Consideramos inadmisible e unha irresponsabilidade que se deixe un mes NA ÉPOCA DE ALTO RISCO sen brigada o servizo, o que indica a falta de planificación da consellería.

Debido á falta de apoio da brigada e á evolución do lume, finalmente foi necesario desprazar a este incendio forestal os helicópteros de Xurés, Queimadelos, Campiño, as avionetas de carga en terra da base de Beariz e un hidroavión.

Por todo isto, dende APROPIGA, solicitamos á consellería que dote aos medios aéreos, incluído o helicóptero de Toén con medios propios do SPDCIF de maneira urxente e con vistas ao futuro, para GARANTIR en todo momento unha prestación axeitada dos servizos e un aproveitamento exhaustivo dun medio carísimo como é un helicóptero.

No hubo votos en conciencia en la investidura de Pedro Sánchez

Diego Fierro Rodríguez El artículo 67.2 de la Constitución indica que...

Fernando Gutierrez el autor de "un hombre un anzuelo" responsable de cofradías de Canarias impasible ante la c…

Fernando Gutierrez "confabulando" bajo turismo institucional con el dinero público...

indicios para juzgar a exdirectivos de Osasuna y tres exjugadores del Betis por amañar dos partidos

El juez que instruye el denominado ‘caso Osasuna’ ha concluido...

India, un país que tenemos que descubrir

De todos los países que se puedan nombrar, la India...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)