O portavoz nacional, Xavier Vence, advirte ao presidente da Xunta que ou toma medidas inmediatas para sacar ao sector leiteiro da situación “de emerxencia”, que ten a centos de explotacións ao borde do peche, ou haberá un estoupido social.

Reunión de Vence e Paz cos sindicatos agrarios

Reunión de Vence e Paz cos sindicatos agrarios“Prezos que obrigan a producir a perdas, contratos lixo e ameazas de non recollida de leite están provocando un efecto de desesperación e de resignación no sector que pode conducir a unha situación de estoupido social, dun conflito social de gran magnitude”, argumenta Vence, quen reclamou seriedade e compromiso á Xunta.

“Feijóo ten que tomarse este asunto en serio, non pode seguir mirando para outro lado, non pode seguir ignorando ao sector, ás organizacións sindicais, ás organizacións de produtores e ten que sentarse a negociar con todos eles, facer que as industrias se senten a negociar de inmediato antes de que este problema se poda ir das mans”, explica o dirixente nacionalista.

Tras unha reunión mantida cos responsables dos sindicatos agrarios, Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores, Vence confirmou o apoio e participación do BNG, como organización política así como dos seus alcaldes e alcaldesas, no Foro social en defensa do sector lácteo e a participación tamén na tractorada prevista para o 17 de xullo.

“Non estamos só ante unha crise do sector leiteiro, senón do conxunto do medio rural”, recalcou Vence, seguindo a voz de alarma dada polos alcaldes e alcaldesas nacionalistas de concellos do rural, que propuxeron unha convocatoria aberta a todos os rexedoras e rexedoras sen distinción de cor política para aportar solucións tamén desde os concellos, convocatoria prevista as 11.00 na casa de cultura de Boimorto o luns 6 de xullo.

Igualmente, a formación nacionalista avanzou que vai presentar iniciativas ante o Parlamento galego, ante o Congreso e tamén en Bruxelas, “dada a evidencia de que o paquete lácteo europeo non está funcionando en Galiza” e, sobre todo, o Bloque demanda “un plan de medidas urxentes inmediato” que poña freo á “situación dramática e de emerxencia do sector”.

Esas medidas de urxencia que a Xunta debe implementar para sacar ao sector “do abismo” pasan por poñer freo á extorsión que exerce a industria, garantindo que os gandeiros e gandeiras galegas deixen de producir a prezos por debaixo de custe e, cando menos, reciban a mesma contía por litro que o resto de produtores do Estado, que os pagos se realicen sen demoras, garantir a recollida do leite e o cumprimento dos contratos

Este verano ten a mano todo el entretenimiento a un clic

Con la llegada del verano, empezamos a buscar actividades y...

JJpD. EXIGIMOS DIMISIÓN INMEDIATA DEL PRESIDENTE DE LA SALA III DEL T.S

El pasado jueves 18 de octubre se dio a conocer...

“El colonialismo hispano-francés en Marruecos (1898-1927)”, nuevo libro de la UGR

  La obra, del historiador Víctor Morales Lezcano, contiene seis ensayos...

A contracorriente. El mal (ejemplo) francés. Enrique Arias Vega

Francia no se parece políticamente a España en nada. Para empezar...

A contracorriente. bandonar el catastrofismo. Enrique Arias ­Vega

He decidido no escribir tantos artículos apocalípticos como vengo haciendo...

El Tribunal Constitucional podría ser investigado, por fin.

Cuando una noticia acierta en el Talón de Aquiles de...

UN POCO DE RESPETO A LA CIUDADANÍA

(De mi puño y tekla) ¿Cómo hemos podido caer tan bajo?...

OCASO DEL CENTRO DE INVESTIGACIONES SOCIOLÓGICAS (CIS) (De mi puño y tekla)

Recientemente, las críticas sobre la presunta manipulación de datos por parte Centro de...

El negocio de los libros y el uso indebido de lo público para beneficio propio y de los amiguetes

COMUNICADO DEL JURADO Y LA ASOCIACION DE PERIODISTAS DE AVILA El...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)