Na provincia de A Coruña, os bombeiros dos 10 parques comarcais que dependen do CONSORCIO Contra Incendios e Salvamento de A Coruña (ente público) e que prestan o seu servizo a través dun sistema privatizado atendido polas concesionarias NATUTECNIA e VEICAR, recrudecen as súas posicións ante o que consideran un uso indebido do servizo.
Dende que os parques privatizados retomaron a súa folga que xa suma máis de 600 días, decidiron que os servizos mínimos que prestan atenderían únicamente os servizos de emerxencias, así como revisións e mantemento dos equipos e vehículos que empregan para ditos servizos. Esta decisión viña respaldada por unha resolución de inspección laboral.
Certo é que con 3 efectivos por turno difícilmente se poden prestar os servizos de emerxencia, pero pensar en traballos preventivos con esas dotacións de persoal xa é algo ridículo, pois sería superpoñer a prevención á atención inmediata das emerxencias.
É por isto que o persoal que está en folga demandando entre outras cousas máis persoal, durante o cumprimento dos servizos mínimos que lles corresponden, non participan en visitas rutinarias a empresas ou centros escolares, por exemplo.
"Dende que estamos en folga estamos tomando calquera tipo de acción sempre dende o respeto que lle debemos á cidadanía, e procurando que as nosas accións repercutan máis nas xestoras ou na administración, que non se digna nin a recibirnos, que no servizo. Con eses condicionantes faise moi difícil exercer presións" aclara José Luis Pareja, voceiro dos traballadores de VEICAR da provincia de A Coruña.
Segundo os convenios colectivos que as concesionarias teñen suscrito cos seus traballadores, éstes deberán cumplir cunha dispoñibilidade de 24 horas ao ano para atender operativos especiais e extraordinarios. Estes servicios non teñen a consideración de "servizos mínimos" e non se cobran a maiores. De feito non prestalos implica importantes deduccións salariais.
O emprego desas horas, en qué intervencións extraordinarias prestalas e cándo demandalas é unha decisión da Administración, privincial ou autonómica, que a través dos Consorcios as emprega, dependendo da tipoloxía da emerxencia, dos niveis dos plans activados, ou da demanda extraordinaria de persoal.
Esta dispoñibilidade é a que permite activar a persoal que está de libranza para atender sinistros especiais (grandes incendios, accidentes con amplo número de vítimas) ou operativos singulares de moi alto risco (grandes masificacións en concertos ou eventos deportivos).
Na xornada de hoxe, venres 3 de xullo de 2015, 3 persoas foron activadas con cargo a esas horas previstas para emerxencias e operativos especiais, para participar nun simulacro rutinario nunha empresa privada do concello de Mesía (CRG, Carpintería Ramón García).
Dado que o emprego destas horas non era para unha emerxencia, senon para cumplir cun requisito ou requerimento dunha entidade privada, os traballadores mobilizados, que non se atopaban en servizos mínimos, decidiron secundar a folga, quedando dito servizo extraordinario prestado únicamente polo Xefe de Parque.
 
Tanto dende o Comité de Empresa de VEICAR como dos representantes dos traballadores de NATUTECNIA,
"Manifestamos o noso descontento coa sistemática de emprego das horas que existen a disposición da Administración a través do Consorcio Contra Incendios, pois entendemos que éstas deberían repercutirse para atender emerxencias de grande calado, ou certas situación de risco potencial, como temporais ou por exemplo, reforzar o servizo durante a noite de San Xoán.
Lonxe disto atopamos que o Consorcio con cargo ás 24 horas de dispoñibilidade de cada traballador, demanda persoal para atender servizos que benefician básicamente a empresas privadas, por non prestalos o persoal que se atopa en servizos mínimos. Non corren a mesma sorte os centros educativos (todos públicos) que solicitan a realización de simulacros e nos que sí tería máis sentido empregar ese crédito horario, pois o beneficio repercute directamente na cidadanía.
Dende os órganos de representación ínstase a que todos os bombeiros cumplan cos seus horarios sempre e cando a dispoñibilidade desas horas sexa para atender calquera emerxencia ou preventivo de especial risco (festival de música, nevaradas, vaga de lumes), pero recórdaselle ao persoal que o dereito a secundar a folga, así como para atender centros públicos."
Os Parques de bombeiros están a facer fondos de resistencia para soportar as mermas salariais de aqueles empregados que secunden a folga cando son requeridos para facer visitas rutinarias ou extraordinarias en beneficio de empresas privadas.
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)