Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A situación do sector lácteo en Galiza a día de hoxe pódese cualificar de dramática. Após o inicio desta campaña, a primeira logo da desaparición das cotas lácteas e en que a produción fica totalmente liberalizada, a situación en Galiza estase volvendo absolutamente insostíbel para as explotacións.

A ausencia de adopción de medidas e de decisións políticas por parte do Goberno Galego e do Estado para preparar ao sector para poder competir neste novo escenario está provocando consecuencias desastrosas.

Levamos varios meses de caídas continuadas dos prezos en orixe que obrigan ás explotacións a vender o seu produto por debaixo dos custes de produción e afrontando importantes perdas. Esta situación deriva da nula capacidade de negociación para os gandeiros que se ven sometidos aos ditados das grandes multinacionais da industria que, como xa denunciou mesmo o Tribunal da Competencia, estabeleceron un complot para provocar esa baixada de prezos, sen que o Goberno mova un dedo para defender o sector ou protexelo ante esa situación.

Esta práctica ten consecuencias especialmente graves en Galiza, onde actualmente xa se están asinando contratos por debaixo dos 20 céntimos por litro de leite.

Desde o Bloque Nacionalista Galego, vimos denunciando desde hai meses que, coa liberalización do sector, na práctica as industrias son as que estabelecen agora as novas cotas á produción, deixando totalmente desvalido o sector produtor. Así, mentres no resto do Estado español e da Unión Europea se está a incrementar a produción, en Galiza estanse estabelecendo mecanismos de restrición. As industrias son as que determinan canto, cando e onde se pode producir leite. Esta dinámica vese ademais reforzada pola falta de acción e intervención dos gobernos galego e estatal, que fican impasíbeis a pesar da gravidade da situación que pode condicionar non só o presente do sector, senón o seu futuro e viabilidade a longo prazo.

As consecuencias máis graves deste feito comezáronse a percibir de forma máis estendida nos últimos días. Tanto algunha industria como algúns primeiros compradores deciden unilateralmente, sen previo aviso e incumprindo os contratos asinados, que deixan leite sen recoller nas explotacións. Isto provoca, obviamente, unha situación terríbel por tratarse dun produto perecedoiro que está obrigando, en moitos casos a tirar o leite, xa que existen mesmo dificultades para atopar quen llelo recolla case “regalado”.

De se manter esta situación durante máis días pode acabar por ser irreversíbel para moitas explotacións que, en moitos casos, levan meses botando man dos aforros para poderen manter a produción neste contexto de prezos.

O sector lácteo é a columna vertebral da economía rural, mesmo da persistencia de vida no rural en moitas comarcas como é o caso da comarca de Bergantiños. Non podemos consentir que peche nin unha explotación máis.

Non podemos seguir agardando, vendo como se esfarela un sector punteiro e viábel, sen que se tomen decisións urxentes para atallar a situación.

Por estas razóns o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

  1. O Concello da Laracha comprométese firmemente coa defensa do sector      lácteo, co dereito a producir dos gandeiros e coa garantía de prezos en      orixe xustos, para o cal adoptará posicións e demandas públicas      contundentes na consecución destes obxectivos, situándose do lado do      sector produtor asumindo as súas demandas nesta crítica situación.
  2. Instar ao Goberno Galego e ao Goberno do Estado a que utilicen      todos os mecanismos de que dispoñan e apremen ás industrias e aos      primeiros compradores para que garantan a recollida de todo o leite que se      produza nas explotacións galegas.
  3. Instar ao Goberno Galego a que garanta a percepción dun prezo do      leite en orixe xusto e que cubra os gastos de produción para o cal se      adoptarán as seguintes medidas:
        
         a) Crear un instrumento interprofesional de negociación e decisión coa      participación do sector produtor, industria e distribución, actuando a      administración como mediadora e catalizadora de acordos e velando polo      cumprimento destes.    

b) Estabelecer, nese ámbito, os criterios e indicadores sobre os que debe construírse a cadea de valor do leite e, por tanto, o prezo a percibir polos produtores e produtoras que, en ningún caso, poderá ser inferior ao de produción, así como os mecanismos para garantir a recollida da produción.

c) Reclamar a modificación do Real decreto 125/2015 coa finalidade de introducir mecanismos que garantan a posibilidade real de negociación entre produtores e industrias das condicións contractuais; mecanismos de garantía de recollida de produción, así como do volume e marxe de tolerancia, instrumentos de mediación e vixilancia de cumprimento das condicións de negociación e cumprimentos contractuais.

  1. Urxir ao Goberno Galego a que realice unha campaña de inspección no      ámbito das súas competencias, e instar ao goberno do Estado a que faga o      propio no ámbito das súas, para perseguir e sancionar as prácticas de dumping      nas grandes áreas de distribución evitando a banalización do leite e a súa      utilización como elemento de reclamo mediante a súa venda a perdas.

A Laracha, 3 de xullo de 2015

Asdo.: Xoán Manoel Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

Artículo Periodístico 961º: “Creaciones: Beato del Burgo de Osma”.

El manuscrito iluminado denominado Beato de Burgo de Osma, fue...

JUECES PARA LA DEMOCRACIA SE OPONE AL LIMITE DE EDAD PARA ACCEDER AL TRIBUNAL EUROPEO DE DERECHOS HUMANOS

La asociación judicial Jueces para la Democracia ha impugnado ante...

108 millones de personas padecen ya grave inseguridad alimentaria. La situación empeora

Un nuevo informe mundial sobre las crisis alimentarias sirve de...

EL FINO “ESTILISMO” DE LA U.E CON LOS FONDOS EUROPEOS

DOBLE SALTO MORTAL SIN RED PARA EL NUEVO GOBIERNO Estilismo: Dícese...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)