Tras levarmos un ano e sete meses sen ser convocados a unha nova xuntanza do Consello Agrario Galego, precisamente esta cuestión -a parálise dos órganos de participación e asesoramento da Consellaría de Medio Rural- foi un dos temas que quixemos introducir dende o Sindicato Labrego Galego na orde do día.

E dicimos que quixemos porque, a día de hoxe, non sabemos se aceptaron a súa inclusión ou non.

Sexa como for, o SLG presentou un escrito para que fosen incluídos os seguintes temas:

1. Parálise dos órganos consultivos e de participación na Consellaría de Medio Rural.

O Consello Agrario Galego (CAG) está regulado por lei e debería ser convocado un mínimo de catro veces ao ano de maneira ordinaria. A pesares desta obriga, a última xuntanza do CAG data do 2 de decembro de 2013. Algo semellante acontece co Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020; neste senso, cómpre lembrar que para a elaboración deste PDR, co que se van xestionar 890 millóns de euros, non se contou coas organizacións agrarias e outros axentes de desenvolvemento rural na Galiza, o que lle custou á Consellaría que a Comisión Europea o rexeitase. En cuestións de desenvolvemento rural, tamén deixou de convocarse o Consello Asesor de Agader.

No contexto actual de crise do sector lácteo, está máis inxustificado aínda que Medio Rural non convocase o Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, que debe reunirse, tal e como estipula o artigo 4.1. do decreto que o regula, un mínimo de catro veces ao ano de maneira ordinaria. Entre as funcións deste órgano de asesoramento, no que si están representados tódolos axentes do sector -sindicatos, industrias e cooperativas- atópase a de “analizar a situación do sector e as diferentes problemáticas que o afectan”, segundo reza o artigo 2 a, ou a de “asesorar os diversos servizos da Consellaría” (artigo 2 e). Sen embargo, a crise non debe ser suficientemente importante como para chamar a atención dos nosos e das nosas gobernantes, pois a día de hoxe seguimos agardando a que se convoque nunha mesma xuntanza tódolos axentes do sector.

2. Desaparición das mesas do viño.

No sector do viño acontece algo semellante. Esta Consellaría de Medio Rural deixou de convocar as mesas do viño para negociar as condicións das vendimas e aspectos fundamentais como prezos de referencia para a uva. Así, a Consellaría de Medio Rural non convoca mesas do viño en Monterrei, Ribeira Sacra, O Ribeiro ou Valdeorras. Na única denominación de orixe na que a administración se comprometeu a convocar a mesa do viño e a realizar tarefas como un estudo dos custes de produción obxectivo que servise para marcar prezos de referencia, foi en Rías Baixas. Comprometéronse a facelo en 2014 e incumpriron flagrantemente a súa palabra; daquela, xa coa vendima enriba, volveron comprometerse para convocar a mesa do viño a comezos de 2015 e a realizar os traballos que non fixeron en 2014. A día de hoxe, seguimos agardando que a Consellaría de Medio Rural dea sinais de vida. Nin sequera este Consello Agrario Galego contemplou na orde do día tema algún relacionado co viño. Así as cousas, e coas vacacións estivais polo medio, a Consellaría de Medio Rural chegará á vendima de 2015 un ano máis sen ter comezado sequera os seus deberes.

3. O colapso do Banco de Terras

O Banco de Terras (antes Bantegal, agora Sitegal), creado en 2007, é unha ferramenta fundamental para poñer a disposición de labregos e labregas predios en desuso con aptitude agraria, nun país coma o noso no que o acceso á terra é cada vez máis difícil debido á alta fragmentación da propiedade e a décadas dun proceso brutal de forestación ilegal de terras agrarias amparado pola pasividade cómplice da Xunta. Dende o SLG puidemos constatar que a resolución de expedientes no Banco de Terras dende o intre que se solicita unha finca pode chegar a tres anos, un obstáculo inxustificable, sobre todo para mozos e mozas que queren incorporarse á actividade agraria como vía para ter un emprego e non o poden facer sen ter previamente terra para traballar. Fontes cercanas ao Sitegal comentáronnos que as razóns deste colapso é que neste servizo só contan con dous traballadores que teñen que resolver, agora mesmo, uns 8.000 expedientes, o cal indica que foron os recortes en recursos humanos e materiais a orixe deste colapso. Dende o SLG, aproveitaremos este Consello Agrario Galego para preguntar pola veracidade destes datos e preguntaremos polas razóns das demoras inxustificables na resolución de expedientes no Banco de Terras.

Google admite espiar audio masivamente y APEDANICA lo denuncia penalmente al Juzgado Central

Al Juzgado Central de Instrucción de la Audiencia Nacional Denuncia en...

Oficina de Control de la Magistratura OCMA investigó a jueces que favorecieron a César Acuña

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín 13.7.19

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín...

CONVOCATORIAS INDEBIDAS DE CARGOS DISCRECIONALES POR EL ACTUAL CGPJ

En consonancia con lo acordado en el 34º Congreso de...

Convenios internacionales de universidades públicas esconden presuntos fraudes en el Perú

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

DICTAMEN sobre VIDEOVIGILANCIA del Banco de Santander sin vídeo en CAUSA CON PRESO EN PRISIÓN PREVENTIVA Dr. (PhD) Migue…

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Historia clínica de fallecidos debe proporcinarse a los hijos inmediatamente

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDA CAUTELAR...

Otros articulos relacionados.....