Desde a Federación Rural Galega – FRUGA valoramos o cesamento da conselleira do medio rural, Rosa Quintana, por parte do presidente da Xunta como un recoñecemento explícito de que o goberno galego ten un problema sen resolver co rural galego e nomeadamente co sector lácteo en particular, mas non só, xa que os problemas do rural galego reflíctense no despoboamento do mesmo e teñen a súa máxima expresión nos incendios que asolan os nosos montes todos os veraos que non chove.

A señora conselleira cesada mostrou a súa incapacidade para defender ao sector produtor de leite da Galiza perante a crise que este está a padecer, chegando a defender os intereses do sector produtor andaluz e menosprezando os nosos. O seu cesamento é un intento de resposta do señor Feijoo para calmar as protestas dos últimos meses.

Mas tamén mostrou un total desinterese polo resto dos sectores produtivos como o de vacún de carne que ten totalmente abandonado ao non convocar a mesa interprofesional desde que ela se fixo cargo das responsabilidades da consellería de Medio Rural, parecido tratamento sufriron o resto de sectores como o vitícola, o hortícola, o ovino ou o cabrún, sen esquecer os ataques que están a sufrir os nosos montes e sobre todo o monte veciñal en mao común. A súa ineficacia ten outra mostra mais na incapacidade para acordar co sector o Plano de Desenvolvemento Rural de Galiza, que lle foi devolto por Bruxelas.

Para FRUGA o nomeamento da nova conselleira, Ánxeles Vázquez, non presaxia un cambio de rumbo nas políticas desta consellería. Sendo alcaldesa de Melide destacouse como un bastión contra as mobilizacións dos gandeiros e gandeiras de leite da Galiza, rexeitando toda interlocución coa Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego.

Mas si compartimos con ela a preocupación polo incumprimento do acordo lácteo de Madrid. A dia de hoxe, e cando xa ten entrado en vigor, estamos pendentes de que se coñezan as orientacións do Decreto de garantías que ten de elaborar o Ministerio de Agricultura e tamén nada se sabe do contrato-tipo. É dicir nos aspectos claves o acordo non se está cumprindo.{jcomments on}

Te contamos los beneficios de los cursos homologados online

Durante los últimos años la calidad del empleo ha sufrido...

La extraña pareja ESTRENO en Teatro Amaya 19.7.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/la-extrana-pareja.pdf     Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1152522864345718784  ¿Es distinto el humor masculino del...

La Guadaña ha emitido su número dos. Resultados electorales en las elecciones sindicales en la Policía. Por José Manuel …

Perfil de sanchezfornet   José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet       Tweets José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet Polic. Nal...

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes 15.7.19

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes...

Google admite espiar audio masivamente y APEDANICA lo denuncia penalmente al Juzgado Central

Al Juzgado Central de Instrucción de la Audiencia Nacional Denuncia en...

Oficina de Control de la Magistratura OCMA investigó a jueces que favorecieron a César Acuña

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín 13.7.19

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín...

CONVOCATORIAS INDEBIDAS DE CARGOS DISCRECIONALES POR EL ACTUAL CGPJ

En consonancia con lo acordado en el 34º Congreso de...

Otros articulos relacionados.....