O Sindicato Labrego Galego ofreceu unha rolda de prensa en Lugo hoxe, 30 de setembro, para denunciar os criterios de concesión de axudas “de minimis” ao sector lácteo que fixa o real decreto 849/2015, publicado onte no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos sectores gandeiros, Xabier Gómez Santiso. Ambos explicaron que, en Galiza, percibirán as axudas de 300 euros por vaca aquelas granxas que nos meses de abril, maio, xuño e xullo cobrasen o quilo de leite por debaixo de 24,5 céntimos; mentres que, en Andalucía, poden beneficiarse desa axuda tódalas granxas que no mesmo período tivesen prezos de menos de 31,5 céntimos por quilo. Para as axudas de 110 euros por vaca, en Galiza esíxese que neses meses se cobrase menos de 27 céntimos por quilo, mentres que en Andalucía poderían cobrar aquelas que tivesen prezos de ata 34 céntimos por quilo.

En primeiro lugar, o Sindicato Labrego Galego xa ten criticado estas axudas por ser meros parches paliativos, dado que a solución á crise pasa por garantir que na cadea de valor as produtoras e produtoras teñan un prezo xusto que lles permita afrontar os custos de produción e ter unha renda digna. Pero é que, ademais, estas axudas son manifiestamente insuficientes. Pensemos, simplemente, na información ofrecida pola Consellaría de Medio Rural na que se revelaba que, con datos do mes de abril, na Galiza había 2.571 granxas cobrando por debaixo dos 26 céntimos. Dende aquela, o valor do leite na Galiza aínda caeu máis, cando o prezo medio para que unha granxa galega teña beneficios estaba preto dos 35 céntimos no segundo cuadrimestre de 2015, segundo os datos da Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI) do Ministerio de Agricultura. Esta cifra contrasta coas previsións do Ministerio de Agricultura, que dixo que as axudas destinadas ás granxas máis vulnerables beneficiaría un total de 1.700 no conxunto do Estado.

Afondando máis na letra pequena do real decreto, podemos comprobar que os niveis de rendibilidade que establece como baremos para conceder as axudas están baseados nos datos da RENGRATI. Desta maneira, as granxas con dereito a percibir as axudas de 300 € por vaca serán aquelas que cobren o leite por baixo da contía necesaria para ter un beneficio efectivo; isto significa que non se lles computan nin as amortizacións en instalacións, maquinaria, etc., nin as perdas patrimoniais ou de capital, se as houbera. En canto ás que poderán cobrar 110 € por vaca, serán as que perciban un importe menor ao prezo do leite necesario para alcanzar beneficio segundo conta de explotación. Tampouco neste último caso se ten en conta ningunha remuneración para a propia xente gandeira, por exemplo.

O Ministerio pasou nestes meses de non recoñecer que había unha grave crise no sector lácteo a dicir que era un problema que estaba, principalmente, nas granxas galegas e, en menor medida, en Cantabria e Castela e León. Asemade, o Magrama poñía o exemplo doutras partes do Estado como Andalucía, por estaren cerca dos centros de consumo. O prezo medio pagado polo leite no primeiro cuadrimestre do 2015, segundo o RENGRATI, foi de 29,8 céntimos en Galiza, mentres que en Andalucía foi de 36,5 céntimos, e a caída de prezo no primeiro de cuadrimestre de 2015 respecto ao terceiro cuadrimestre de 2014 foi en Galiza dun 9% e en Andalucía dun 3%.

En resume, as axudas do real decreto 849/2015 son absolutamente discriminatorias, pois deixan fóra moitas das granxas galegas que levan meses vendendo por debaixo de 26 céntimos; consolidan unhas referencias de custos de produción inaceptables, xa que obvian conceptos esenciais como as amortizacións ou a necesidade de que a xente labrega teña ingresos para poder vivir; e non se basean en custos de produción medios, ou nun tipo medio de granxa. No caso de Galiza, a media de vacas das granxas é de 31 vacas e aproximadamente 200.000 quilos de produción, pero a granxa que se toma como referencia na RENGRATI ten entre 50 e 60 vacas e unha produción entre 500 e 550.000 quilos. Por outra parte, dáse por bo que as granxas con base territorial e uns supostos menores custos de produción cobren menos, e mesmo teñan axudas inferiores; fronte a granxas sen base territorial, que empregan o catering como sistema de alimentación, e con menos UTAs e empregos, que é o tipo de granxa no que se basea a RENGRATI para establecer os baremos de Andalucía. En definitiva, penalízase a xeración de emprego, a alimentación en base á produción propia de forraxes e a xestión do territorio.

Resulta difícil xustificar niveis de custes de produción tan dispares nun mesmo Estado, cando os prezos que as granxas pagan por insumos como o gasóleo, a electricidade, as forraxes ou os pensos son semellantes. Para o Sindicato Labrego Galego as axudas ao sector lácteo do Ministerio de Agricultura son francamente insuficientes e, por riba, inxustas, ao discriminar, unha vez máis, as granxas galegas.{jcomments on}

  • Exclusiva; Mar Sánchez Sierra ignorando a Feijóo negocia la política gallega en los bares de carretera en Benavente.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Los varones del PPdeG están crispados tras conocerse antes que las listas del partido que se realizan negociaciones a sus espaldas y de su partido en los bares de carreteras por orden expresa de Mar Sánchez Sierra, en este momento bajo investigación como empresaria en México según el Universal junto a Feijóo por sus implicaciones ya identificadas por la Fiscalía de México en sus vínculos con la trama de corrupción de Pemex en la que al menos han realizado 5 viajes a Querétaro y a reuniones con Lozoya solo en aquel país, mientras el diario de mayor tirada de México y más leído en EEUU los apunta como los responsables de ocultar en la Costa del Sol de Lozoya exdirector de Pemex.Decía Feijóo sobre su relación con Pemex: “Soy director comercial de Galicia”  viajes de Feijóo a México..+La Prensa Internacional de todo el Mundo menos la de Galicia por orden de Mar Sánchez, titulaba " Político vinculado con narco visita a[…]

¿Está tu hogar preparado para las lluvias?

  Ya nos encontramos en los días finales del invierno, eso...

Hartazgo, falta de soluciones, y los emigrantes invisibles

El hartazgo por los políticos es algo global. La ridiculización de...

6 consejos para comprar una vivienda con éxito

La compra de una nueva vivienda puede llegar a ser...

Falla Cooperación Judicial Internacional entre el Perú y España por César Acuña entre Fiscalías

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Una modesta proposición (no de ley). Estreno en Lagrada 31.1.2020

Una modesta proposición (no de ley). Estreno en Lagrada 31.1.2020  RESEÑA...

Comparadores y Simuladores de Hipoteca

Según los datos que nos llegan desde el INE, ya...

Tu dieta necesita apoyo de Meritene para cubrir necesidades nutricionales

Llevar una dieta balanceada es una de las principales bases...

La ley hipotecaria vuelve a afectar a la firma de nuevos contratos

La contratación de hipotecas ha seguido bajando durante estos últimos...

César Acuña delega en Luis Valdez atacar al Dr. Miguel Gallardo

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi