• 23 9 15 Responsables de gandería de COAGAcompañan esta mensaxe un comunicado en pdf e unha fotografía correspondente á xuntanza que mantiveron hoxe os e as responsábeis de gandería de COAG, entre quen se atopa Isabel Vilalba (primeira pola esquerda) en representación de Galiza e o SLG

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, estivo en Madrid hoxe, 23 de setembro, para participar na xuntanza do Ministerio de Agricultura na que se asinou o acordo do sector lácteo, e na posterior reunión da Interprofesional Láctea (Inlac).

Tal e como estaba previsto, o Ministerio de Agricultura sacou para adiante un documento (“Acordo para a estabilidade e sostenibilidade na cadea de valor do sector de vacún de leite”) que tivo o beneplácito das industrias e da distribución, pero que rexeitaron asinar o meirande dos gandeiros e gandeiras do Estado que representan COAG e UPA e, con estas organizacións agrarias, o Sindicato Labrego Galego.

O documento asinado hoxe non só non mellora a proposta inicial do 18 de agosto, senón que a empeora ao facer concesións ás industrias e distribuidoras. Por exemplo, desaparecen as alusións iniciais a prezos que cubran os custes de produción e se substitúen por algo tan vago como que os pagamentos das industrias “contribúan á sostenibilidade das explotacións”.

Tampouco aparece por ningures que estea garantida a recollida de todo o leite producido. No borrador presentado o 18 de agosto, podiamos ler o compromiso de que antes de finais de setembro se implante un contrato tipo de compravenda de leite no que se garanta ao produtor a recollida, a un prezo que permita a súa sostenibilidade e acorde co mercado, de polo menos un volume de leite equivalente á produción do gandeiro no último ano”. No documento asinado hoxe, desaparece a referencia temporal de finais de setembro e calquera referencia a garantir a recollida do leite.

En definitiva, o texto asinado neste 23 de setembro polo Ministerio de Agricultura, Asaja, cooperativas, industrias e distribuidoras non garante un prezo remunerativo que, como mínimo, cubra os custes de produción. Trátase dun documento que non concreta nada e que segue confiando a súa validez á boa vontade das industrias e das distribuidoras, esa mesma boa vontade na que se basea a Lei da Cadea Alimentaria que se supuña amparaba tantos miles de granxas que hoxe están ao borde da ruína.

Tanto o Sindicato Labrego Galego como a COAG cremos que é absolutamente imprescindible que o acordo vaia acompañado das suficientes garantías de cumprimento por parte dos axentes que o subscriban. E iso só é posible se hai un marco legal e un réxime sancionador que obrigue aos operadores a cumprir cos compromisos asumidos.

Por todo o devandito, nin o SLG nin COAG asinamos este documento que só se pode cualificar de decepcionante. En canto á resposta a adoptar, o Sindicato Labrego agardará á celebración da nova asemblea da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego que se convocou en Compostela para este venres, 25 de setembro, coa intención de analizar o acordo e valorar a que postura unitaria se chega ao respecto.{jcomments on}

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Los sellos personalizados siguen siendo imprescindibles para las empresas

El avance de las tecnologías y el uso, especialmente de...

Otros articulos relacionados.....