Trala xuntanza celebrada a pasada noite en Lugo entre a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e un grupo de gandeiros; e tras saber que a política popular non anunciou ningunha nova medida que contribúa a solucionar a crise do sector lácteo ; dende o Sindicato Labrego Galego reafirmámonos en continuar coas mobilizacións até que os gobernos de Galiza, do Estado e da Unión Europea lexislen para defender os intereses dos produtores e das produtoras fronte aos abusos e o espolio a que están a ser sometidos e sometidas, impunemente, pola industria e pola distribución.

En concreto, o Sindicato Labrego Galego, no seo da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, porá tódolos seus recursos en dar continuidade á campaña de mobilizacións galega que, tras pasar polas principais comarcas gandeiras do país, recalará en Compostela este luns, 7 de setembro. A maiores, coincidindo coa xuntanza do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE, tamén participaremos, ese mesmo día, nas manifestacións que terán lugar en Bruxelas polo mesmo motivo, onde acudirá a nosa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, en calidade de representante do sector lácteo da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

As mobilizacións de Compostela comezarán cunha tractorada o 7 de setembro. Ese día, os tractores concentraranse na explanada de Salgueiriños e, a partir das 12:00, farán un percorrido por toda a cidade. Os actos de protesta continuarán o 8 e 9 de setembro con manifestacións nas áreas comerciais de Fontiñas e As Cancelas, para rematar cunha grande marcha o día 10, dende Salgueiriños até San Caetano.

Dende o Sindicato Labrego Galego participará activamente nas tractoradas de Compostela e Bruxelas deste 7 de setembro porque entendemos que as medidas anunciadas pola Consellaría de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura non serven nin para paliar a situación, nin moito menos para solucionar o problema. E o problema é unha política leiteira que sacrifica miles de explotacións na Galiza e en toda a Unión Europea cada ano para ir cara a un modelo no que uns poucos miles de macrogranxas industriais concentradas no centro de Europa produzan o leite que hoxe sae de 650.000 explotacións distribuídas por todo o medio rural europeo. Un modelo que ameaza con facer desaparecer a produción de leite na Galiza da que hoxe viven, directamente, 9.300 granxas coas súas familias e, indirectamente, ducias de miles de persoas e empresas. Por iso, para o SLG non valen os parches, e seguimos a pedir leis que protexan aos gandeiros e ás gandeiras dos abusos da industria e da distribución, leis que prohiban vender leite a prezos inferiores do que custa producilo, leis que protexan a capacidade produtiva de Galiza ou leis que fagan posible a negociación de contratos en pé de igualdade e garantan o seu cumprimento. En definitiva, queremos que os nosos gobernos lexislen para que haxa un control público do mercado e da produción leiteira co obxectivo de que centos de miles de gandeiros e gandeiras podan seguir vivindo dignamente do seu traballo na Galiza e na Unión Europea. {jcomments on}

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Otros articulos relacionados.....