En primeiro lugar, desde CCOO, lamentamos a perda dos recursos medioambientais e naturais producidos esta fin de semana na provincia de Ourense a consecuencia da vaga de lumes (Cernado-Manzaneda: 250Ha de Red Natura

; Pradocabalos-Viana: 213Ha; Pexeiro-Viana: 70Ha; Santigoso-O Barco: 67Ha; Cudeiro-Ourense: 55Ha, e o Gran Incendio Forestal de Cualedro (GIF), con máis de 2500 hectáreas queimadas), e manifestamos a nosa solidariedade e apoio coas persoas afectadas. Ademais, queremos resaltar que gracias a profesionalidade do persoal do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais, este desastre non ten sido maior, a pesar de contar con medios obsoletos, precarios e insuficientes para desenvolver o seu traballo en condicións de mínima de seguridade.

CCOO xa viña denunciando que está posible situación de lumes descontrolados se podía producir posto que a política forestal e de prevención de incendios por parte da Consellería de Medio Rural está esgotada, mal planificada e absolutamente descontrolada. É unha política que está baseada exclusivamente na extinción, que alimenta a economía do lume e que ten como único argumento, pouco científico, “encomendarse a tódolos Santos Milagreiros para que chova”.

CCOO denuncia por enésima vez a precaria situación na que se encontra o SPDCIF:

-        Brigadas incompletas: a día de hoxe, na maioría das brigadas, só hai dous ou tres compoñentes por brigada/día, o cal aumenta a situación de risco para os traballadores e incide negativamente na capacidade de extinción.

-        Motobombas cunha media de antigüidade de 20 anos, que carecen de alta presión na maioría dos casos e pasan máis tempo avariadas que operativas, xerando situacións críticas e de alto risco para integridade dos bombeiros forestais na extinción directa do lume. Mentres isto sucede, a Consellería gasta cantidades inxentes de cartos dotando de motobombas aos concellos que en moitos casos non teñen operarios especializados para manexalas e noutros son utilizados para outras tarefas municipais que nada teñen que ver coa extinción.

-        EPIS caducos que non se renovan desde hai máis de tres anos, deteriorados e desgastados que, aínda así, teñen que ser utilizados por traballadores que están en primeira liña de lume.

-        Peche de puntos de vixilancia. Isto implica que o tempo de detección e, polo tanto, de reacción ante o lume sexa moito maior.

Por outra banda, desde CCOO, seguimos denunciando a falta de coordinación dos efectivos que participan na extinción de incendios así como a ausencia dun mando único real. A modo exemplo, é inaceptable o “desfile de pasarela” que fixo a Unidade Militar de Emerxencias (UME) no Gran Incendio Forestal de Cualedro, pois chegaron sen auga nas motobombas, ante a desesperación dos veciños que miraban como o lume chegaba ata a porta das súas casas. Ademais o outro problema que temos coa UME é que ao tratarse dunha unidade militar, actúa de forma autónoma, recibindo ordes e instrucións unicamente dos seus propios mandos, o que dificulta a coordinación, o despregue do operativo e mesmo “retrasa” os tempos de actuación, que son decisivos para atallar un incendio nos primeiros momentos (no incendio de Navia en Lugo, fai unhos días, negáronse a actuar e tiveron que ser o brigadistas do SPDCIF os que se xogaran a vida para apagalo).

Para CCOO, diante deste panorama real, e non o que debuxou interesadamente, o Presidente Rajoi e o Presidente Feijoo, diante dos seus acólitos, na solaza de Soutomaior, so cabe asumir responsabilidades, empezando por cesar ao Secretario Xeral de Montes, o señor Tomas Fernández Couto, por incompetente e intransixente.{jcomments on}

Solicitan a la DGT modificaciones en los informes de Tráfico y las placas rojas

Una vez constituido el nuevo Gobierno y nombrados algunos de...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Ciudadanos denuncia el caos de cables que “trepan” por las fachadas del centro

Recuerda al Gobierno local que el PEPRI exige que las...

Otro Diputado gitano. YA SEREMOS CUATRO

El día 25, a las 12 de la noche, finalizó...

EL TENIENTE CORONEL NOREÑA, NUEVO CASO DE CENSURA HISTÓRICA POR JOAQUÍN SAMA

Cuando el general que hizo inexpugnable Madrid durante la Guerra...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)