A Consellería do Medio Rural segundo a nota de prensa do 12 de

xuño do Correo Galego, sobre o lume sufrido no concello coruñés

de Lousame onde arderon 28 has, afirmou o seguinte:

La Xunta

refuta a denuncia dos sindicatos, asegurando que en Lousame

las brigadas helitransportadas acudiron en helicópteros”.

Os Axentes Medioambientais pídenlle a Xunta de Galicia que deixe

de contar mentiras en relación os incendios forestais e que conte a

verdade.

Os Axentes Medioambientais afirman que, como no seu día

denunciaron na nota de prensa enviada os medios que

“las

brigadas

helitransportadas tuvieron que desplazarse hasta la

zona cero en vehículos”.

O día do lume de Lousame a brigada que se desprazou ó lume en

helicóptero foi a brigada de Toén (con base na provincia de

Ourense), brigada pertencente a empresa privada Natutecnia, pola

contra a brigada que se desprazou en vehículo todoterreo foi a

brigada helitransportada de Campiño (con base en Pontevedra) dita

brigada pertence a Consellería do Medio rural. Se a base da Xunta

estivese operativa o día do lume a catástrofe sería menor, posto

que o tempo de chegada do helicóptero sería moito máis curto.

Os Axentes Medioambientais non entenden porque desde a

Secretaría Xeral do Medio Rural se minte descaradamente á

opinión pública, e denuncian que se están desmantelando os

servizos públicos, para favorecer as empresas privadas, posto que

mentres as brigadas propias da Xunta carecen de medios aéreos,

outras pertencentes a empresas privadas dispoñen de helicóptero.

O Executivo galego no Plan de Incendios de Galicia (PLADIGA) de

2015 establece que nesta época de perigo de incendios terá

dispoñibles 8 helicópteros, dos cales só está activo un.

Salientamos, con respecto ó uso dos helicópteros do Ministerio de

Medio Ambiente, que na actualidade a base de Laza (Ourense), a

única que o Ministerio ten en Galicia, tamén carece de helicóptero.

Os Axentes Medioambientais están de acordo coa consellería en

apostar por concienciar a poboación sobre os valores e defensa do

monte, e seguirán na súa labor de divulgación medioambiental

impartindo e sendo os encargados das charlas informativas que con

moita vocación e entusiasmo imparten a máis de 11.000 alumnos

de primaria e secundaria de colexios de toda Galicia.

Google admite espiar audio masivamente y APEDANICA lo denuncia penalmente al Juzgado Central

Al Juzgado Central de Instrucción de la Audiencia Nacional Denuncia en...

Oficina de Control de la Magistratura OCMA investigó a jueces que favorecieron a César Acuña

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín 13.7.19

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín...

CONVOCATORIAS INDEBIDAS DE CARGOS DISCRECIONALES POR EL ACTUAL CGPJ

En consonancia con lo acordado en el 34º Congreso de...

Convenios internacionales de universidades públicas esconden presuntos fraudes en el Perú

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

DICTAMEN sobre VIDEOVIGILANCIA del Banco de Santander sin vídeo en CAUSA CON PRESO EN PRISIÓN PREVENTIVA Dr. (PhD) Migue…

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Historia clínica de fallecidos debe proporcinarse a los hijos inmediatamente

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDA CAUTELAR...

Otros articulos relacionados.....