lareorosaquintanaA representación do persoal do SPDCIF lembra que só dende o 16 de xullo arderon máis de 2.000 Ha en Galiza
31/07/2015
As organizacións sindicais con presenza no Servizo Público de Extinción de Incendios  Forestais da Xunta veñen de reclamar a dimisión da conselleira do Medio Rural, así como do Secretario Xeral de Montes, ao considerar que a vaga de lumes que sofre Galiza nas últimas datas evidencia ás claras “a súa inaptitude para xestionar a situación de emerxencia que estamos vivindo este verán”.
Nova protesta contra os despedimentos e a precarización laboral en Vegalsa-Eroski    
A empresa despediu a dúas traballadoras da Coruña que se suman ás seis rescisións executadas o pasado mes de xullo
11/08/2015
 
A CIG-Servizos e CCOO realizaron unha concentración diante do Eroski Center de Novo Mesoiro (A Coruña), en protesta polo despedimento a pasada semana de dúas traballadoras deste supermercado. Estes despedimentos hainos que enmarcar na política de precarización da empresa, que está a botar o persoal veterano a xornada completa para substituílo por traballadores/as a tempo parcial, con salario miserábel e pésimos horarios.
 
O pleno da corporación verinesa apoiou por unanimidade a reparación dunha “inxustiza histórica”
11/08/2015
 
Unha sentida e multitudinaria homenaxe popular precedida dun pleno que, por unanimidade, outorgou a título póstumo honras e distincións “aos veciños e veciñas, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo fascismo franquista”. Así culminaba o pasado 6 de agosto unha iniciativa da Unión Local da CIG de Verín realizada en xullo do ano pasado e reiterada en abril deste 2015 que, por fin, logrou o recoñecemento municipal ás vítimas da represión.
 
O Concello adxudicou o contrato a empresa Althenia, que na oferta técnica tampouco contempla a subrogación de todos os/as traballadores/as
07/08/2015
 
A representación da CIG no servizo de mantemento dos parques e xardíns de Vigo (até agora xestionado por Cespa) trasladou publicamente este venres a súa preocupación pola concesión do mesmo á empresa Althenia, cuxa oferta económica supón unha rebaixa no prezo do servizo do 26%, o que significará recortar seis millóns de euros en catro anos.
 
O persoal, á espera de que o xulgado do mercantil se pronuncie sobre o ERE extintivo, ten pendente de percibir oito nóminas e dúas pagas extraordinarias
05/08/2015
/avantar/15-05-01 REGAKI
A situación das traballadoras e traballadores da Rede Galega de Kioskos (pertencentes a COGAMI e Galega de Economía Social) continúa deteriorándose e xa acumulan unha débeda salarial que chega ás dez nóminas. O persoal leva sen percibir nin un só euro dos seus soldos dende o pasado mes de decembro, ten pendente de cobrar dúas pagas extraordinarias e polo de agora descoñece cando se lle abonarán as cantidades adebedadas.
O acto terá lugar o 12 de Agosto ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro
07/08/2015
 
O vindeiro 12 de agosto cumpriranse 40 anos do asasinato de Xosé Ramón (Moncho) Reboiras Noia a mas da policía fascista en Ferrol. Desde a Fundación que leva o seu nome e maila Confederación Intersindical Galega renderémoslle tributo mediante unha homenaxe floral ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro, onde descansan os seus restos. Moncho, alén da súa prolífica militancia nos diferentes campos do nacionalismo popular, destacou tamén nos primeiros xermes de organización obreira que deron lugar ao actual sindicalismo nacionalista.
 
A Plataforma en defensa do sector continuará coas protestas o 12 de agosto na comarca do Deza e non descarta a convocatoria de folga
10/08/2015
 
As mobilizacións comarcais en defensa do sector lácteo galego seguen recollendo éxitos, malia a falta de respostas claras por parte das administracións. Se o pasado venres na mobilización de Chantada participaban 500 tractores e unhas 2.000 persoas, a protesta realizada este luns en Arzúa non quedaba atrás.
 
As necesidades ficaron patentes logo do incendio acontecido o pasado luns en Castrelo do Val
06/08/2015
 
A Unión Local da CIG de Verín-A Limia vén de reiterar a petición para dotar con máis medios humanos e materiais o parque de bombeiros da vila, que nestes momentos só conta con tres profesionais para cubrir cada quenda de garda, cando este dispositivo da servizo a gran número de núcleos de poboación, espallados ao longo dunha enorme extensión xeográfica.
 
 
O grupo de emerxencia supramunicipal está funcionando cun efectivo menos dende o pasado mes de xuño
05/08/2015
O Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) da Zona A Fonsagrada-Meira leva desde finais de xuño actuando con once efectivos, cando o convenio que regula o seu funcionamento estabelece que ten que operar con doce membros. Esta situación dáse, denuncia a CIG de Lugo-A Mariña, pola negativa do Concello de A Fonsagrada a cubrir a baixa laboral dun dos integrantes, a pesares de existir unha lista reserva.
 
A Federación rexeita vincular o futuro do centro de Ferrol só a programas militares e pide dotar de recursos o estaleiro de Fene
31/07/2015
A Federación de Industria da CIG na comarca de Ferrol amosa a súa preocupación pola constatación de que o futuro que tanto a SEPI como a propia dirección de Navantia  teñen decidido para o estaleiro de Fene está moi afastado da construción naval civil. Unha conclusión que tiran da análise da escasa información facilitada pola empresa, aos medios de comunicación e á representación do persoal, a respecto do contrato da empresa pública con Ondimar para a construción de 4 petroleiros.
 
Considera un anuncio electoralista o incremento salarial do 1% para o persoal das administracións e reclama aumentar o emprego público estábel para garantir uns servizos calidade
30/07/2015
Como era de agardar, a reunión da Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas celebrada esta tarde co Ministro Montoro para tratar o Proxecto de Lei de Orzamentos 2016, resultou un simple formalismo que o Goberno do PP aproveita para anunciar medidas con fins electoralistas e de cara a manipular a opinión pública, pero que no fondo supoñen "atrasar a  recuperación dos dereitos salariais e laborais usurpados ás traballadoras e traballadores das administracións e afondar na destrución do emprego e os servizos públicos".
Os datos do paro rexistrado do mes de xullo revelan a elevada rotación do mercado de traballo e súa progresiva precarización
04/08/2015
O número desempregados e desempregadas anotadas no Servizo Público de Emprego (SEPE) acadou en Galiza no mes de xullo as 216.371 persoas (12.691 parados/as menos con respecto ao mes anterior). Unha evolución positiva no paro rexistrado que se repite cada ano neste período por mor das contratacións da campaña de verán. Porén, estes datos contrastan coa elevada contratación temporal e o continuado descenso da taxa de cobertura.
 
CIG-Saúde reclama un decreto de xestión integrada propio e un modelo que aposte polo crecemento do hospital da comarca
04/08/2015
A implantación da Xerencia Integrada continúa a supor a perda de recursos económicos, materiais e humanos para a sanidade da Mariña. Así o afirma a CIG-Saúde, que pon como exemplo a recente amortización dunha praza médica no Centro de Saúde de Ourol (decisión confirmada polo propio Xerente Provincial).

DRAMÁTICA SITUACION DE LOS GITANOS EN ITALIA

La persecución contra los gitanos en Italia está alcanzando niveles...

Torrecilla: "Tenemos que disfrutar del momento, pero queda un largo camino"

Miguel Torrecilla, director deportivo del RC Celta, atendió esta mañana...

Artículo Periodístico 604º: “Arte religioso cristiano y/o arte actual”.

0. ¿Qué relación debe existir entre el arte/artes religioso cristiano...

SUSPENSO GENERAL / JOAN LLOPIS TORRES

“…plumas que desde luego nunca vuelan, mas balbucean igual que loro” sugieren...

POR UNA TRANSICIÓN SIN TRAIDORES. Por Domingo Sanz

Aprovechando la advertencia envuelta en el clásico “Roma no paga...

La consejera Ollo resalta la importancia de internet como herramienta para promocionar el euskera

  La consejera de Relaciones Ciudadanas e Institucionales, Ana Ollo, ha...

La eutanasia en “A vivir…” de Javier del Pino.

En uno de los programas de radio más tristes y...

26-J. QUE NADIE ESPERE MILAGROS.

Intentar hacer pronósticos medianamente acertados, a menos de un mes...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)