portavocesdepescagaliciaResulta notorio que, durante as últimas semanas, os incendios forestais que están a ter lugar en toda a xeografía española -e tamén galega- se están a constituír en tristes titulares das cabeceiras de xornais e informativos. Os profesionais que loitamos contra o lume desenvolvendo diferentes cometidos -vixilancia, comunicación ou extinción- convertémonos (moi ao noso pesar pola razón que motivou esa atención mediática) en protagonistas das análises, as informacións e as opinións de opinantes, tertulianos e xornalistas dos diferentes medios informativos; sobre nós está o foco da noticia cando se fala dos medios que participan nos incendios forestais que están a ter lugar en Galicia.

Somos conscientes da repercusión que teñen os medios de comunicación -de cara á opinión pública- á hora de transmitir a realidade dos incendios forestais e da labor desenvolvida polos profesionais que loitamos contra eles. Temos claro que a cidadanía percibe a noso labor a través das informacións que se realizan dende os medios de comunicación e por iso nos diriximos a vostedes.

Observamos con preocupación que a denominación que se utiliza para referirse a nós non está unificada e tampouco é a axeitada (peóns, brigadistas, operarios, apagalumes, axentes, etc...) xa que debería ser a de BOMBEIROS Y BOMBEIRAS FORESTAIS.

Por que?

- Porque o mesmo dicionario da RAG di que un bombeiro é aquel que forma parte dun corpo organizado para combater os incendios.

- Porque o BOMBEIRO e a BOMBEIRA FORESTAIS son aqueles que se encargan da extinción dos incendios forestais.

- Porque a categoría profesional de BOMBEIRO FORESTAL está recollida polo INCUAL ( Instituto de Cualificacións Profesionais) no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) que ordena as cualificacións profesionais identificadas no sistema produtivo.

- Porque o recoñecemento profesional da labor que desenvolvemos pasa por esta identificación como BOMBEROS E BOMBERAS FORESTAIS e, por iso, así queremos se nos denomine.

Por todo iso, dende Apropiga, cominámoslles a utilizar o termo único de BOMBEIROS Y BOMBEIRAS FORESTAIS para referirse aos profesionais que realizan o seu labor na loita contra os incendios forestais realizando diferentes cometidos.

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Los sellos personalizados siguen siendo imprescindibles para las empresas

El avance de las tecnologías y el uso, especialmente de...

Otros articulos relacionados.....