Os socialistas esínxenlle a Rosa Quintana que comparezca no Parlamento para ofrecer solucións concretas e se deixe de presentar vaguedades e estupideces.

Información
;Medio Rural 27 Julio 2015 Sección; Especiales

Feijoo Sacandose Mocos rosa QuintanaPablo García recoméndalle a Rosa Quintana que “se non sabes, vaite” e sinala que “non é momento de festas gastronómicas”

O responsable socialista sinala que os incendios en Rede Natura evidencian que “estes terreos non recibiron unha soa medida adicional de protección” polo Goberno

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 15. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe á conselleira de Medio Rural que compareza no próximo Pleno Extraordinario con “solucións concretas” para afrontar a crise do sector lácteo. Presentou unha Interpelación na que lle reclama ao goberno galego que tome medidas de apoio ao sector fronte á desaparición do sistema de cotas lácteas.

García dixo que “non pode vir a dicirnos vaguidades nin estupideces”, lembrando as declaracións no día da gran manifestación do sector, no que a conselleira replicou que a situación “non é tan grave”, un “xarro de auga fría” para o sector. Explicou que o cambio de modelo, xunto cos prezos por debaixo do custe de produción e a falla de apoio do goberno, provocan que cada mes se estean desafiuzando explotacións.

Lamentou que mentres o goberno francés teña anunciado un paquete de medidas de 600 millóns de euros inmediatos co leite 10 céntimos máis cara que en Galicia, a Xunta se negue a sentarse cos gandeiros e o goberno central faga o “ridículo” de anunciar un plan dotado con 1,5 millóns de euros.

Criticou a pasividade da Xunta fronte á situación cando mesmo a UE ten devolto o Plan de Desenvolvemento Rexional por, entre outras moitas razóns, non incluír medidas para adaptar a produción a un sistema sen cotas lácteas. Lamentou que a resposta do goberno galego non sexa “para nada acertada, nin política nin humanamente adecuado”.

Romarías gastronómicas e alcaldes en misa

Pablo García engadiu que “este non é o momento para ir de festas gastronómicas”, afeándolle a súa presenza nas romarías “coa que ten enriba da mesa” con relación ao sector lácteo. En resposta a preguntas dos xornalistas, criticou que o presidente da Xunta estea “mais preocupado de que os alcaldes vaian a misa que de gobernar e do grave problema do sector”, en resposta á polémica co alcalde de Santiago pola súa ausencia o pasado sábado na Catedral.

O responsable socialista sinaloulle á conselleira o camiño de saída coa expresión popular “se non sabes, vaite”, e dixo que “hai moito tempo que demostrou non ser a persoa adecuada” para dirixir a acción de goberno con relación ao sector lácteo. Dixo que “xa non falamos nin de resultados”, o realmente grave, explicou, é que a conselleira “nunca tivo nin sequera a intención” de apoiar ao sector lácteo.

Advertiu que a situación do sector responde a un “problema político” provocado polo “claro desleixo” do Ministerio e a “total ausencia e falla de liderado da Xunta de Galicia”. Os gandeiros observan atónitos o abandono dos gobernos mentres o principal produtor de leite, como é Galicia, co produto mais barato de Europa e nun mercado deficitario afrontan a peor crise dos últimos 30 anos coa ameaza diaria de deixar leite sen recoller.

Incendios

García fixo tamén alusión aos incendios rexistrados esta fin de semana, que afectaron especialmente á Rede Natura, un feito que atribuíu á falla de medidas de prevención. Advertiu que os alcaldes afectados polos lumes constatan que logo da declaración de zonas de especial protección, a realidade é que “non se tomou ningún tipo de medida de prevención por parte do goberno”.

O responsable socialista criticou que a Xunta teña tomado idénticas medidas nunha zona frondosa e de difícil acceso, que nun “ermo dun polígono industrial próximo a Santiago de Compostela”.

O balance do primeiro tramo do verán deixa claras as consecuencias da “nula política de prevención” do goberno galego, a baixa efectividade das brigadas desmanteladas pola Xunta e as casas, ameazadas polas lapas, salvadas tan só pola acción dos veciños.

Otros articulos relacionados.....