O Concello de Ferrol recibe a visita institucional de Pablo Iglesias

Información
;Localidades de Galicia 06 Julio 2015

O Concello de Ferrol, Jorge Suárez, recibiu hoxe a tarde  a visita de Pablo Iglesias, eurodiputado e Secretario Xeral de Podemos.  Foi unha recepción institucional, como lle corresponde polo rango de secretario xeral dunha formación política, a que estiveron convidados todos os representantes electos da corporación ferrolá. 

 

“Para mí es un honor estar en Ferrol y ser recibido por su alcalde. Un alcalde que demuestra que la ilusión puede llegar también a los Ayuntamientos como instrumentos del cambio y demostrando que se puede gobernar de otra manera poniendo por delante los intereses de la gente”, manifestou hoxe desde o salón de recepcións do consistorio local.

Pola súa banda, o rexedor ferrolá agradeceu a visita de Iglesias, un “orgullo”, dixo, porque supón amosarlle “o que se está a construir a través de Ferrol en Común, cun proxecto que nace desde abaixo para tomar o poder das institucións desde unha candidatura de unidade popular”.

Pablo Iglesias foi agasallado por Jorge Suárez, no nome do Concello, con dous exemplares de “A Nosa Pintura”, unha escolma de obras escollidas de artistas da cidade, e 'Historia de Ferrol', de José Montero y Aróstegui.

No Libro de Ouro da Cidade, Iglesias deixou impresa a súa pegada nas seguintes verbas: “Un honor visitar un ayuntamiento que está ilusionando a sus gentes y ser recibido por un alcalde de la gente. 2015 es el año del cambio. Juntos podemos”.

A recepción asistiron os representantes de Ferrol en Común e PSOE. PP, Cs e BNG excusaron a súa asistencia.

Con respecto as críticas verquidas pola recepción institucional a Pablo Iglesias, precisar que é o trato que este Concello lles dispensa aos líderes de todas as formacións políticas, xa que ocupan un lugar moi destacado no regulamento estatal do protocolo oficial.

Lembrar que, na anterior etapa, algúns dos nomes que asinaron no Libro de Ouro da cidade foron Carlos Negreira, exalcalde de A Coruña, Jesús Vázquez, exconselleiro de Cultura, e Agustín Hernández, exconselleiro e exalcalde de Santiago, en datas recentes.