Santiago participará do 5 ao 10 de xullo nos XI Xogos do Eixo Atlántico

Información
;Localidades de Galicia 06 Julio 2015

O Concello de Santiago participará nos XI Xogos do Eixo Atlántico, que se desenvolverán do 5 ao 10 de xullo nas cidades portuguesas de Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos. A delegación compostelá está integrada por 58 persoas (47 competidores e 11 adestradores ou delegados), distribuídas nas especialidades de atletismo para discapacitados, baloncesto masculino e feminino, fútbol 7 masculino e natación masculina e feminina. Os participantes e adestradores que representarán ao Concello de Santiago nestes XI Xogos do Eixo Atlántico foron seleccionados polos clubs e delegacións federativas seguintes: Club Natación Cidade de Santiago (natación), Asociación ASPAS (atletismo adaptado), Delegación local da Federación Galega de Fútbol (fútbol) e Delegación local da Federación Galega de Baloncesto (baloncesto).
O obxectivo como cidade nesta nova edición céntrase en volver a demostrar o excelente nivel humano e de comportamento que teñen os rapaces e rapazas que asumirán a responsabilidade de defender o orgullo dos nosos concidadáns. No estritamente deportivo, procuraranse acadar os resultados de pasadas edicións, dado que o esforzo e a ilusión dos seleccionados son elementos que garanten un gran papel na competición.
A delegación compostelá partira a primeira hora da mañá do domingo 5 cara Portugal dende o Estadio de San Lázaro. Xa en Porto, na súa praza General Humberto Delgado, fronte a Cámara Municipal da cidade, participarán na cerimonia inaugural ás 16:30 horas. A competición desenvolverase entre os días 6 e 10 de xullo. Nesta última xornada, pola tarde, producirase o regreso da delegación.
O deporte no Eixo Atlántico O Eixo Atlántico presta unha especial atención ao desenvolvemento e consolidación de disciplinas deportivas de carácter transfronteirizo. O evento máis antigo son estes Xogos do Eixo Atlántico, que con carácter bienal reúnen durante unha semana arredor de 1.500 mozos e mozas, que conviven a través da práctica do deporte.
O formato de congregar nunha mesma cidade a todos os deportistas adoptouse na segunda das edicións, concretamente na celebrada na cidade de Ferrol en 1997. Posteriormente seguíronlle as cidades de Chaves (1999), Ourense (2001), Bragança (2003), Santiago de Compostela (2005), Vila Nova de Gaia (2007), A Coruña (2009), Matosinhos (2011) e Guimaraes (2013).

  • NI UN SOLO VOTO AL SR.FEIJOO ( PERDON FRIJOL) NI A SU BANDA DE CUATREROS EN EL REFERENDUM DEL PROXIMO DOMINGO DIA 12 DE JULIO.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    NI UN SOLO VOTO AL SR.FEIJOO ( PERDON FRIJOL) NI A SU BANDA DE CUATREROS EN EL REFERENDUM DEL PROXIMO DOMINGO DIA 12 DE JULIO. Nunca este Digital desde su nacimiento se pronunció sobre el sentido del voto en ninguna de las múltiples elecciones celebradas desde entonces, pero en estos momentos claves y decisivos para nuestra tierra , para España, para Europa y para toda la Humanidad ; no se puede ser ni imparcial ni neutral .Razón por la cual ante las próximas elecciones de este próximo Domingo del 12 de Julio , éste que suscribe en su calidad de Director del “Xornal Galicia” tengo que bien de la manera más humilde y sosegada solicitar a todos vosotros queridos lectores que concentréis el voto en dos opciones electorales :al Partido de los Socialistas de Galicia (PSOE) y para el Bloque Nacionalista Galego (BNG); todo lo demás es dar oxígeno a un régimen corrupto, vomitivo y nauseabundo que encabeza el Sr.Feijoo .(Frijol para los amigos)Mediante esta Editorial estimados y repetados lectores le voy a escribir algo dirigido al Príncipe de las Tinieblas “el Señor , Feijoo”[…]