Información
9726 votos

A Cabalgata de Reis encheu Compostela de música, ilusións e bos desexos

Información
;Localidades de Galicia 06 Enero 2016
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os Reis Magos nos balcóns de Raxoi.As rúas de Santiago de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, este ano máis participativa e musical que nunca. Como cada Nadal, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron á cidade en tren. Na estación e logo tamén no Pazo de Raxoi, foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación. Durante o seu percorrido polas rúas compostelás, os Reis Magos saudaron a pequenos e maiores, ao ritmo da grande animación que acompañou as carrozas, froito do traballo previo en varios obradoiros realizados nos centros socioculturais. María Fumaça, Paco Nogueiras, Magín Blanco coa Nena e o Grilo, Pablo Díaz, Xoán Curiel e Mamá Cabra dirixiron os diferentes grupos, integrados polos participantes nestes talleres.

A animación e o acompañamento dos Reis completouse cos nove paxes, elixidos por sorteo, e co grupo de nenos e nenas que ían no tren que pechaba a comitiva.

Este ano, na Cabalgata de Reis non só se regalaron caramelos, senón tamén bos desexos. Así, nos centros socioculturais preparáronse unhas tarxetas con bos desexos que se repartiron entre a xente durante o percorrido.

Festival de música infantil
A música infantil galega presidiu a Cabalgata e logo tamén o espectáculo que agardaba aos nenos na praza do Obradoiro. Os actores Pepablo Patinho e Montse Piñón, de Teatro dos Ghazafelhos, presentaron este festival infantil, con actuacións dos artistas antes mencionados.

O espectáculo entretivo a pequenos e adultos mentres agardaban para acceder ao salón vermello do Pazo de Raxoi. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron un por un aos nenos e nenas, que lles puideron formular os seus desexos

Os Reis Magos nos balcóns de Raxoi. AmpliarOs Reis Magos nos balcóns de Raxoi.

Saudando os nenos e nenas. Saudando os nenos e nenas.

Dentro do Pazo de Raxoi. Dentro do Pazo de Raxoi.

Vista da praza do Obradoiro. Vista da praza do Obradoiro.

As gañadoras do Concurso de Cartas de Nadal recibiron os seus agasallos de man dos Reis. As gañadoras do Concurso de Cartas de Nadal recibiron os seus agasallos de man dos Reis.

Melchor, Gaspar e Baltasar atendendo un por un aos nenos e nenas de Compostela. Melchor, Gaspar e Baltasar atendendo un por un aos nenos e nenas de Compostela.

Outra imaxe do Obradoiro. Outra imaxe do Obradoiro.

Todos os rapaces foron recibidos polos Reis. Todos os rapaces foron recibidos po{jcomments on}los