Información
7341 votos

Abel Caballero recorta nos servicios socias e regala mais de 900.000 euros en obras de reforma de tres campos de fútbol.

Información
;Localidades de Galicia 27 Junio 2015
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O goberno local aprobou o último trámite
administrativo das obras xa realizadas nos campos de fútbol de As Travesas,
Samil e a ETEA nas que se investiron preto de 900.000 euros. O rexedor tamén deu
conta da aprobación de máis de 75.000 euros para promoción da igualdade.


A
Xunta Local de Goberno deu luz verde á certificación final das obras nos campos
de fútbol de As Travesas, a ETEA e Samil, nos que se investiron preto de 900.000
euros. En rolda de prensa, o rexedor tamén deu conta da aprobación dun proxecto
de convenio de colaboración coa Asociación de Mulleres Dorna de 17.000 euros
para manter o Punto Informa, para víctimas de malos tratos. Ao mesmo tempo,
aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria específica para a concesión de
subvencións a entidades sen ánimo de lucro que traballan pola igualdade. Son
64.000 euros para apoiar proxectos de promoción da muller e, tal e como detallou
Caballero, o ano pasado financiáronse 55 iniciativas.