A canceira municipal ten facilitado a adopción de 125 cans e cadelas dende o comezo do servizo a finais de novembro de 2012

Información
;Localidades de Galicia 20 Octubre 2015

1445000466canceira webO Concello de Carballo, a través de Carballo Limpo e tamén en nome de Servigal, a empresa que xestiona a Canceira Municipal, quere lanzar un chamamento aos veciños e veciñas respecto da responsabilidade que a sociedade debe de ter cos nosos cans e cadelas, nomeadamente con aqueles que son abandonados e están indefensos. Desde a posta en marcha do servizo de adopcións da Canceira en Carballo no mes de novembro de 2012 téñense tramitado un total de 125 adopcións, mais tamén seguen a ser moitos os cans e cadelas que se recollen nas rúas decotío.

No verán prodúcense moitos abandonos de animais, moitos deles debidos á chegada de camadas non desexadas, por iso queremos animar aos propietarios de cadelas que non queiran ter crías, que procedan á esterilización das mesmas, para evitar sorpresas e non ter que tomar decisións como as do abandono. A día de hoxe son catro os cans e cadelas que están á espera dun fogar na Canceira: Bones, un galgo marrón de entre 1 e 2 anos; Copito, unha caniche branca de entre 2 e 3 anos; Teo, un beagle mestizo macho de tres meses; e Koli, un fermoso mestizo dun ano marrón e branco.

Un dos obxectivos principais do servizo é a consecución de adopcións dos cans e cadelas non identificados e que non son recollidos, estes cans poderán ser adoptados dentro de todas as normas legais e sanitarias establecidas e a concesionaria entregará o animal desparasitado, vacinado, con microchip, e realizará todas as tarefas administrativas, incluíndo o rexistro no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compaña) por tan só 50 euros. Adopta un amigo! Respecto das normas e recomendacións para os posuidores de cans e cadelas, hai que lembrar que é obrigatorio terlle microchip ao noso can, de tal xeito que cando se atopa un animal extraviado podemos devolvelo ao seu dono sen grande dificultade. Quen non o teña debe facelo, é importante.

Tamén lembramos que a Canceira municipal está no Parque Empresarial de Bértoa, compartindo instalacións co Punto Limpo: "Un can é un amigo, non un xoguete. Se queres ter un, non o merques. Adóptao na canceira e nunca o abandones". O horario da Canceira é: xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Os teléfonos son o 981 754 917 e 981 704 100; e o enderezo electrónico é <Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.>. Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, na web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter en @CarballoLimpo. Os interesados e interesadas poden consultar o web da Canceira nesta mesma nova{jcomments on}

  • Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia. FEIJOO TRASLADADO A MÁS DE 60 KILÓMETROS DE VERIN POR LAS FUERZAS DE SEGURIDAD PARA QUE PUDIESE SALIR ILEPSO.La última "farolada de Feijoo" llega al esperpento y circo de pesonajes dignos de una serie de los muertos vivientes, el PPdeG y su asesora no han visto nada mejor que ir a "cagarse" en las narices de la comarca de Verin-Monterrey en Ourense, trasladando hasta alli, a cuatro personajes de fuera de la comarca que se prestaron a hacer de público de la zona en un campo de fútbol, lo que ocasionó la crispación, enfado de los vecinos de la comarca que fueron directos a provocar " LA CAÍDA DEL IMPERIO MARRANO ", refiriéndose a todo lo que representa Feijóo, en una campaña de TROLS, PERFILES FALSOS, entre las "cagarrutas de cabra o fantasmas digitales" que deambulan por la red, Feijóo y Mar Sánchez llevan más de 4 meses que no se atreven a viajar a América por miedo insuperable a[…]