Información
7735 votos

Sweet California, a girlband do momento, abrirá a celebración da Noite de San Xoán na Praia da Concha

Información
;Localidades de Galicia 22 Junio 2015
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Como xa acontecerá o pasado ano con La Unión, un concerto gratuíto servirá de aperitivo e animará o ambiente previo ás celebracións da Noite de San Xoán en Vilagarcía. As praias da Concha-Compostela acollerán a actuación do trío Sweet California, a girlband do momento que arrasa entre o público xuvenil e a mocidade.

20.06.2015.- Trátase dunha actividade gratuíta organizada polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de dar maior relevancia á tradicional festa de San Xoán e de chegada do solsticio do verán.

20.06.2015.- Trátase dunha actividade gratuíta organizada polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de dar maior relevancia á tradicional festa de San Xoán e de chegada do solsticio do verán.
O concertó será o martes, 23 de xuño e comezará ás 22:15 horas, un horario poco habitual que se debe á necesidade de que a actuación se faga cando a luz do día cae, cun ambiente máis propicio para este tipo de espectáculos, pero garantindo que rematará uns minutos antes das doce da noite, hora máxica na que se prenden as cachadas segundo manda a tradición.
Sweet California creouse en 2013 e as súas componentes son son Alba Reig, Rocío Carrera e Sonia Gómez, o trío de mozas que en moi pouco tempo conseguiu converterse na girlband revelación en España e que, co seu primeiro disco, titulado Break of day conseguiron os premios máis prestixiosos da música nacional e tamén cautivar por igual a crítica e público.
Infatuated foi o seu single co que se deron a coñecer e co que salataron a todas as emisoras de radio fórmula máis importantes, foi un dos singles físicos máis vendidos no país e acadaron os primeiros postos das listas de éxitos. Cun estilo fundamentalmente pop, aderezado con pinceladas de country, interpretan os temas de famosas series televisivas xuvenís como Big Hero 6, de Disney, e son a imaxe e banda sonora en España das Monster Highs, para a cal interpretan, entre outros temas “Somos Monsters”.
Despois de acadar o disco de ouro co seu traballo publicado en 2014 e reeditado en 2015, están traballando xa no segundo disco que esperan presentar en setembro, polo que de seguro os fans de Vilagarcía poderán escoitar algún dos novos temas no concertó do martes pola noite.