Información
6864 votos

Carballo acolle o martes 16 e mércores 17 de xuño unhas Xornadas de Posta en Valor e Divulgación da Beiramar do concello

Información
;Localidades de Galicia 16 Junio 2015
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O litoral de Carballo é un tesouro natural que cómpre por en valor. Coa filosofía do desenvolvemento sostible como bandeira, organizaranse, nas tardes do 16 e o 17, as Xornadas de Posta en Valor e Divulgación da Beiramar de Carballo.

Será a partir das 16.30 horas no Fórum Carballo. As xornadas van dirixidas tanto a xentes do mar como a público en xeral interesado en afondar nos valores naturais do noso litoral e abondarán en cuestións como a conciliación da conservación dos espazos naturais co desenvolvemento local, a importancia da interpretación do patrimonio á hora de divulgar de maneira atractiva os nosos valores e os valores naturais e culturais da nosa costa.

 

A inscrición é gratuíta e as prazas están limitadas.

Ao longo destes dous días serán varias as persoas expertas que compartirán en Carballo os seus coñecementos e experiencias. Na xornada do martes, Antonio Sandoval, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, falará dos valores naturais e culturais da Costa da Morteno Concello de Carballo.

Carlos Vales, o director do CEIDA, abondará na conservación de espazos naturais e o desenvolvemento local. Araceli Serantes Pazos, da Universidade da Coruña, centrará a súa intervención nos modos efectivos de comunicar e interpretar de maneira atractiva o patrimonio.

Xa o mércores, teremos con nós a Rebeca Vázquez, do Ceida, para falarnos de roteiros interpretativos por Carballo.

A xornada rematará cunha sesión colaborativa ao redor da conservación, uso e goce da beiramar de Carballo.