Información
9961 votos

O xornalismo dixital, a análise en Compostela

Información
;Localidades de Galicia 24 Julio 2015
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • grafica xornalismo datosO proxecto campUSCulturae da USC, organiza do1 ao 5 de setembro o curso ‘Xornalismo de datos e narrativas dixitais’

 

  • Os principais expertos a nivel internacional explicarán novas estratexias e ferramentas para informar no entorno dixital. Algunos dos relatores destacados son Mar Cabra, Karma Peiró, Xaquín González Vieira, Rafa Hör, Delia Rodríguez e Ana Ormaechea
  • O curso contará con talleres, instalacións artísticas e o Hackaton campUSCulturae no que desenvolverase software libre e contidos sobre diversidade cultural

Avelocidadeá que circulaa información, o acceso a datos antes non dispoñibles, a lectura en plataformas interactivas e a recepción da información en contextos de dispersión fan que as normas clásicas do xornalismo en internet, simplemente, non funcionen. Dominar os novos códigos da comunicación dixital é o objectivo docurso “Narrativas dixitais e xornalismo de datos” que organiza o proxecto europeo campUSCulturae e a Universidad de Santiago de Compostela do 1 ao 6 de setembro na capital galega.

O curso traerá ao paraninfo da Universidade aos principais expertos a nivel internacional en xornalismo dixital, como Mar Cabra, xornalista de investigación e especialista en análise de datos en International Herald Tribune, The Huffington Post, Le Monde e El País e vicepresidenta dasección española de Open Knowledge Foundation. Cabra defende que “oxornalismo de filtración deixa de selo cando o xornalista traballa para buscar máis fontes e contrastar”. Tras o seu relatoriona xornada inaugural, a responsable de participación no portal de noticias 3cat24.cat, Karma Peiró, explicará a lei de transparencia e cómo traballar cos datos; unha corrente do xornalismo que, para ela, “pode contribuir a recuperar a profesión”.

Pero, cómo visualizar os datos de maneira atractiva? A esta pregunta dará respostaXaquín González Vieira, membro do equipo de gráficos informativos de La Voz de Galicia,ex director de gráficos en The New York Times e actualmente editor de gráficos en The Guardian. Pola súa banda, o ex editor de gráficos de El País e The Sunday Times, Rafa Hör, explicará as claves do éxito internacional dos infografistas españois.

No curso profundizarase no xornalismo colaborativo da mán de Antonio Delgado, impulsor da #redada, e de cómo viralizar a información con Delia Rodríguez, ex redactora xefe de Huffington Post e actualmente directora de Verne en El País. Tamén dos docuwebs e as series transmedia, así como os especiais interactivos coa cofundadora de Acuerdo.us, Idoia Sota. Sobre o traballo cos desenvolvedoresfalaráAna Ormaechea, cofundadora da empresa Tablet Army, quen lembra que grazas á rápida adaptación ao entorno dixital, “os medios pequenos e os tecnolóxicos están adelantando ás grandes corporacións”.

Outras actividades

Nas dos últimas xornadasdesenvolverase o Hackaton campUSCulturae no que se buscará a creación colectiva de software libre e contidos sobre diversidade cultural, inclusión e minorías. O curso concluirá cunha instalación a cargo deDomestika Streamers, un colectivo de desenvolvedores que explora a interactividade como elemento artístico e cuxas obras expuxéranse no CCCB de Barcelona, na Academia das Ciencias de California ou na Fundación Qatar, por citar algúns.

Outros dos profesionais que presentarán relatorios son o desenvolvedor e membro da Fundación Civio, Hugo Garrido; o xornalista de El confidencial, Jesús Escudero; o experto en deseño de xeoinformación e visualización xeoespacial, que traballou para Google e a NASA e co fundador de Vizzuality, Serio Álvarez Leiva; o creador transmedia e deseñador de series vídeo-xogo, Éric Viennote representantes dos medios El Español, El Confidencial Lab e El Extrarradio nunha mesa redonda moderada por Borja Echevarría, ex subdirector dixital de El País e actual vicepresidente dixital de Noticias Univisión.

   

         
   
       

Link ao curso: http://bit.ly/1LGKTUw

   

Entrevistas dispoñibles durante o curso previa     solicitud

       
   

O curso “Narrativas dixitais e xornalismo de datos”, organizado por campUSCulturae con financiación da EACEA Culture Agency, está dirixido a estudantes e profesionais que queran profundizar nos seus coñecementos sobre oxornalismo dixital. A matrícula ten un custo de 120€, con tasas reducidas para estudantes, persoas desempregadas e pensionistas, e pódese realizar a través da web da USC, área de Cursos de Verán, ata o 20 de agosto.